-
Candidato a ser declarado demasiado galego
Tal como están as cousas, vexo a posibilidade de que calquera (maiormente, político, pero non necesariamente) faiga unha declaración de que este blog é (ou eu son) ‘demasiado galego’. Pode soar a choteo mesmo polo que podería ter de chotis, e teño claro que a pouca relevancia concedida ó blog non o fai acredor dunha…
-
Observacións astronómicas o 10 e o 11 de agosto, e música a partires de hoxe
Aínda que me afecta direitamente, paso a ligazón dende o concello. sobre as observacións de mañá e pasado, e a referenza do festival internacional de música clásica que comeza hoxe.
-
Un ano de prórroga
Última hora: o próximo curso os dous IES de Ribadeo permanecerán separados, retrasando un curso máis a unión. Segundo parece, as obras marchan a bo paso, pero non á velocidade necesaria para rematar obras e acondicionamento do edificio a tempo para o próximo curso. Así pois, de momento seguirá a haber dous centros, o IES…
-
5 da mañá, spanishrevolution
David Bravo: Terminó mi turno. Vuelvo a casa cansado y contento. Coido que un sinxelo twit da para saber unha nube de cousas. Unha noite de protesta tranquila e organizada, onde hai participantes cunha traxectoria xa longa ás súas costas … chámaselle revolución pero quizais debera falarse do callar dunha evolución. Mentres, xa estamos en…
-
Presentación da XVII feira da ciencia de Ribadeo
Venres foi a presentación da XVII edición da feira da ciencia de Ribadeo. Nahuel, Adrián, Miguel, Manuel e Alejandra, que actuou asemade de coordinadora, foron os encargados da súa presentación á prensa. Terá lugar entre 12 (pola tarde) e 15 (pola mañá) de abril no IES Porta da Auga. Os periodistas que asistiron, e os…
-
A xenia do fútbol e a arte de Fabio
Onte, a entrega dos premios ós audiovisuais feitos nos colexios, ‘cine nas aulas’, para promoción da igualdade deu unha agradable sorpresa cunha curta de calidade. ‘A xenia do fútbol e a arte de Fabio’ presenta unha historia elaborada a partires dun guión sinxelo pero novidoso. Coido que contar máis sería estragar parte do encanto dunha…
-
Conciencia cidadá
A traverso de Im-pulso entérome da ‘revolución estilo Islandés‘. Non se trata aí de derrocar a un dictador como está a suceder nos países norteafricanos, senón de plantexarse que quen as fai, págaas, tendo moi clariño que o poder reside no pobo, e que o pobo para iso, necesita unha educación de calidade, minimizando os…
-
Unha nota estelar
O pasado fin de semana, un grupo de 30 alumnos do IES Porta da Auga, coa materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo, e eu, subimos á Casa da ría de Ribadeo, en Santa Cruz, para realizar unha exploración do ceo nouturno. Fixemos un repaso das características principais dos telescopios existentes na cúpula e dos…
-
PINTADAS E VIDRIEIRAS, artigo de Pancho Campos
(Publicado en La Comarca de 20110122) PINTADAS E VIDRIEIRAS En “A Mariña” de El Progreso, do pasado sábado (15-xaneiro-2011) aparecen, na páxina tres, dúas noticias sobre acontecementos que pasan no Concello de Ribadeo, sobre os que me gustaría suliñar varias cousas. Primeira: “Las pintadas de la Casa de la Ría van a quedar impunes”… “lo…
-
Din que a covardía é un vicio
Así o atopo na wikipedia, aínda que non apareza na definición da Real Academia. De resultas, a persoa covarde sería asemade viciosa… Esperemos que un vicio máis non se extenda por Ribadeo. Despois de ‘escondendo a man‘, pasei pola casa da ría, e fixen fotos todo o contorno, coa intención de publicalas e comentar algunhas…