Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.245 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: educación

  • Queixiñas

    Onte pola mañá houbo unha pequena manifestación no IES Gamallo Fierros. Foi circunscrita ó ciclo de Educación Infantil, e non saíron do centro. Nada que ver coas de valencia, por exemplo. Neste caso a dirección do centro axusta que é debido a cousas coxunturais, e polo tanto a)non ten importancia, b)é algo pasaxeiro, e ademáis…

  • Pedir máis

    Unha nova: o sector financieiro pide máis. Neste caso, máis axudas fiscais (para que quererían máis amor, compasión, impostos, …) para evitar os deshaucios. Por Europa (eufemismo neste caso para o extremo suroeste que ocupa España) pídense máis privatizacións, mentras que na Arxentina, xa de volta destas cousas, culpan á privatización e os seus efectos…

  • Hipotecar o futuro

    Collo unha cita de Manuel Torres Mendoza en ‘Vivir en deudocracia‘: “Unha das primeiras medidas que se poden coller para cambiar unha situación é redefinila. Denominala de xeito diferente é o que fixo, por exemplo, a consellería de Educación da Generalitat de Catalunya, renomeando o seu departamento como de ‘ensino’. Deste xeito xustifícanse as accións…

  • Nova vella entrada: Achégase o Fin de Curso

    O tema é xa vello, pero renóvase tódolos anos, na mesma época (que non é ista). O texto foi publicado o 19960630. – Achégase o Fin de Curso Na nosa tradición occidental parece que tomamos a vida e os sucesos como algo lineal; eso din os estudosos da mentalidade social. Nembargantes, celebramos os ciclos. Este…

  • Aplícao onde queiras… pero sé consciente

    Collo emprestada unha cita: “Este espectro non choveu do ceo: é unha manifestación natural e unha consecuencia inevitable da fase histórica que atravesa actualmente o sistema ó que ese espectro atemoriza. É dicir, creouno o feito de que unha parte deste sistema non pode xa, dende hai tempo e por mil motivos, seguir baseándose na…

  • O que trouxeron os reis

    Onte foi a sorpresa para os nenos. Xoguetes, a pesares da crise. Para algúns, significativamente menos que outros anos. Outros, nin o notaron. Moitos, continuaron alimentando unhas reclamacións esixentes como reis da casa e da sociedade que efectivamente son. O discurso real da noite anterior xa o deixaba claro en Ribadeo, que había que loitar…

  • De reis

    Albricias! Os reis estiveron en Santo Tirso de Abres porque lle foi concedido o título de pobo exemplar. Ata aquí, máis ou menos todo normal. Comentario na prensa: só acudiron representación de dous concellos galegos, estando invitados todos os da reserva da biosfera. resultado: Preténdese un ‘conflito diplomático’? A xogada asturiana para a súa promoción…

  • Lembranza dun profesor: don Juan Suárez Acevedo

    A continuación, un artigo de J. Manuel Yáñez Dablanca, Director do IES Dionisio Gamallo Fierros, que apareceu na Comarca a semana pasada, acompañado dunha ligazón a un artigo de D.Juan Suárez Acevedo en publicado en Ribadeo. Hai xa uns 13 ou 14 anos que gardo un artigo do profesor Juan Suárez Acevedo que lle pedira…

  • Comunicado pola educación

    Esta carta pretende informalos da situación pola que atravesa neste momento o ensino público despois dos recortes feitos pola Consellería de Educación. A nosa intención é buscar a implicación de pais e nais na educación dos seus fillos, cando menos o seu apoio moral e a súa comprensión cara algo que nos afecta a todos:…

  • Lei de independencia

    Tense falado moito dun tempo a esta parte da lei de dependencia. Unha lei que procura poñer as condicións para que os nosos maiores sexan o máis independentes posible, paliando a dependencia cunha contribución social estruturada, en troques de deixala ó albur da familia ou achegados diversos, nun momento no que os lazos familiares tenden…