Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.245 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: educación

  • A piques de rematar o día

    Temas posibles, a antropoloxía da xira (de novo), o atardecer coa luz marabillosa sobre a ría de Ribadeo, … ou a lembranza de que ata o momento este 6 de agosto, vaian 67 anos dende a morte da humanidade en Hiroshima. Desto último só vexo en toda a rede que frecuento unha entrada de Noam…

  • Non se escoitan os rumorosos

    25 de xullo, e non se escoitan os rumorosos. Quizáis porque os pinos de Pondal foron substituídos por eucaliptus ou cálitros, o rumor xa non é o mesmo. Pode que a falta de entendemento veña de que a Galicia de hoxe ten pouco que ver coa de hai tempo, ou porque os galegos (si, coa…

  • 1000 €, 300000 € e outras nimiedades

    Collo un suplemento de xornal do pasado domingo e atópome con dúas cifras: 1.os estudantes da universidade española son 1 650 000 no curso que remata. 2.o goberno espera aforrar 1 700 M€ coa suba de taxas. Xuntamos as dúas cifras e atopamos a primeira parte do título: 1 000 € máis de matrícula por…

  • Resolución do claustro de profesores do IES Porta da Auga

    A conto de que saíu nos xornais onte algún comentario recollendo partes do acrodo adoitado a pasada semana polo calustro do IES Porta da Auga, fíxenme coa resolución enteira, que reproduzo: Resolución Claustro de Profesores/as A Secretaría do ÍES Porta da Auga, concello de Ribadeo, informa que o Claustro de Profesores/as, na reunión celebrada o…

  • Era un parque infantil

    Era. Estaba nun extremo da Vía Troncal, cando chegaba ó Xardín, preto da Casa do Óptico. Din que os nenos choraron ó velo. Sucedeu a primeira hora da noite do sábado. Parece que están investigando, pero despois de estar alí, coido que a cousa comezou polo tobogán de fibra e transmitiuse á caseta de madeira…

  • Para levar ben a vida hai que rir

    O consello dunha redeira de Corme leva ó substancial da vida, que non é a risa, senón a felicidade. Pero resulta que se sabe dende hai tempo que se non son o mesmo, que non o son, si teñen algunha relación. Por iso hai que tomarse a vida con perspectiva, non a cegas, seguindo un…

  • Manifestación polo ensino

    A manifestación tivo lugar hoxe en Ribadeo, con xeitos de enterro, transcorrendo dende o IES Porta da Auga, pola Avda. de Galicia, ata o Insalud, para logo retornar polo mercado e s. Roque ó punto de partida. Embaixo, uns vídeos e fotos:  Coido que a manifestación non necesita moita explicación para quen teña un mínimo…

  • Unha convocatoria formativa

    A semana pasada apareceron polo pobo os carteis. Sabía que se estaba xestando, pero non o resultado definitivo. Sabía que a estrutura política e económica está empurrando a convocatorias como ista, pero non sabía a ónde chegaría nin cándo chegaría a resposta. Xa houbo protestas, e hoxe, en Ribadeo, prantéxase nestes termos: “Pola presente I…

  • Isto non se fai aquí …

    Cabe a dúbida, ó ollar nalgúns titulares foráneos, de se non estará un equivocado sobre a orixe. Tamén pasa en titulares escritos de xeito máis próximo, pero … Cando recibes nun correo, provinte da sección de educación dun medio británico, un titular como ‘Are austerity measures affecting your students?’, para que te pases ler un…

  • Xa está en marcha a XVIII Feira da Ciencia de Ribadeo

    A feira estará aberta o xoves 12 de 10 a 13:30 e de 16 a 18, e o venres de 10 a 13:30, no pavillón deportivo do IES Porta da Auga (xunto ó campo de fútbol), con entrada libre e gratuíta. Abaixo os títulos dos traballos (borrador non exaustivo): A bebida máis consumida pola poboación…