Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.245 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: educación

  • Hoxe comeza a XX Feira de Ciencia de Ribadeo

    Hoxe mércores e mañá xoves, en horario de 9:20 a 13:10, terá lugar a XX Feira da Ciencia de Ribadeo, no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Nela participarán 26 traballos realizados por unha centea de alumnos e alumnas do centro, que serán expostos e explicados polos mesmos alumnos que os realizaron. A feira representa o…

  • Xornada única

    Hai cousa de vinte anos, o que despois se chamou IES Porta da Auga en Ribadeo votou a favor da xornada única. Naquel momento, apoiei con ilusión o que pensei que ía traer máis liberdade ós alumnos e a posbilidade de enriquecerse coas actividades extraescolares do centro, naquel momento numerosas, aínda que coa dificultade que…

  • A educación non está en cuestión

    A educación non está en cuestión: é necesaria. O que si está en cuestión é a xestión que tratan de impor, despoxando a educación pública da calidade e cualidades que debe ter. Onte houbo folga. Segundo a nova de prensa, o 80% de estudantado de secundaria da Mariña e o 65% do profesorado. En Ribadeo,…

  • Con educación. En Folga

    24 de outubro de 2013 En folga A educación pide unha aposta pola calidade, por ti. Por todos.  Non polos recortes, tampouco pola privatización.

  • 2,3 M€ para Ribadeo

    Vexo hoxe na Comarca unha nova que debeu saír nas edicións locais esta semana: Educación invirtió 2,3 millones en tres centros de la villa. E comecei a sorrir. Polo corpo da nova, daba xa outra impresión: a cifra incluía por exemplo, o impulso á lectura, que, se queren, pode meterse en calquera partida, ou aínda,…

  • Apaga e segue: Apaga encende

    APAGA e a Asociación de profesores de automoción de Galicia. Hoxe comezou no hotel O Cabazo o seu forum 2013, con setenta inscritos de toda a xeografía galega. É o segundo foro, que contará ademáis dos talleres e as charlas de hoxe a venres, o mesmo venres, sábado e domingo cunha exposición de coches antigos…

  • Gandhi en Ribadeo un luns pola mañá?

    No seu momento, a relación político-social cambiou lixeiramente coas prácticas de Gandhi, que introduxo de xeito práctico a non violencia fronte a unha violencia institucional. En España o que chaman democracia e non o é está facendo experimentar á poboación, a nós, un abano de prácticas, dende a violencia (pouca, estimo) ata o apartarse do…

  • Un vídeo sobre a polémica xira 2013

    Un vídeo gravado para pulsar opinións da polémica sobre a Xira na Xira. Poderase estar de acordo cuns ou cos outros, pensar que se lle podía adicar máis peso a unhas ou outras opinións, ou facelo doutro xeito e con outra posta en escea, pero coido que a idea de base é boa, e a…

  • Palabra de ministro

    E Wert falou. O 6,5 como nota mínima para pobres. Os ricos poden pasar sen nota, é intrascendente: Sempre haberá quen lles venda un tituliño se quixeran. Os pobres, con menos de 6,5 deberan estar noutra cousa. Non especifica na súa sabiduría Wert, sabendo que cada un é diferente e polo tanto as respostas poderían…

  • De mulleres

    Este fin de semana coñecíase a morte de catro mulleres máis a mans das súas parellas en catro días. Antonte tamén se coñecían en Ribadeo as notas de fin de ensino medio (2º bac) da promoción deste ano. O resultado máximo, 4 mulleres nos postos máis altos, matrículas de honor. Sería incongruente dicir que teñen…