Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.395 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • Santa obscura

        Hai poucos días puxeron a statua de Santa Clara no xardían diante da entrada do convento. En pedra, chamoume a atención de que sexa máis ben chaparreta en troques de alta, seguindo as ideas do Greco de elevación a Deus. Polo momento está sen luz, por eso de Santa obscura. É posible que pronto…

  • Parece contraditorio

    Pareceo. Hai novas periódicas sobre o día da bicicleta, pero non vin desenvolverse por aquí pistas para bicis. Periodicamente lanzo a idea, e parece que terei que seguir facéndoo, para ter vias para bicis en Ribadeo. É un pobo que é chan na zona urbana (na maioría da actual) e na parte máis poboada da…

  • Itinerario cultural natural. Comarcas das Mariñas luguesas e Ortegal

    O título corresponde á tradución galega de algo que se presentou hoxe ás 12 no Hernán Naval ante unha ducia de persoas. Unha web, http://coastatlantic.comarcasdegalicia.com que aporta a novidade da promoción pública, mais coido que non moito máis. Sen ir máis lonxe, o que fala das casas de indianos en Ribadeo vese superado agora mesmo…

  • Un artigo, leído en clave de ruído

    O seu título: Os que contaminan deben pagar a factura …’xa non se trata de se podemos permitirnos o luxo de facer algo para remediar’…’senon de se podemos permitirnos o luxo de non facer nada’. …’ten moito máis sentido usar a forza dos mercados – o poder dos incentivos – que depender da boa vontade,…

  • Rinlo, o día despois

    Unha festa como a do percebe deixa pegada. Pasei por alí ‘o día despois’. Estaban recollendo, e aínda falta, pero o pobo estaba tranquilo (todo o tranquilo que pode estar en agosto, entendámonos), como se nada tivera pasado o día anterior. Pode que tamén sexa en parte porque hoxe era a xira de Sta. Cruz,…

  • De viaxe por Ribadeo

    Parece xa institucionalizado que a Volta a Galiza en barco parta de Ribadeo, e que a volta a España en avioneta pase por aquí, entre as moitas celebracións que esta época de verán ten establecidas, e que se trata de non perder, como no caso da xira, collida este ano in extremis polo concello. Mentres,…

  • A conto do que se fala estes días en Ribadeo

    Leo nun xornal xa vello: ‘Se as crises non as finalizan os demócratas, as crises acaban cos demócratas. Non pode haber unha convivencia estable entre democracia e crise económica’ (Joaquín Estefanía, falando de Fuentes Quintana, no El País de hai 7 domingos). Pois resulta que en Ribadeo parece que hai crise económica institucional, e previo,…

  • Ser ribadense pode ser un capital. En nós está que o sexa

    ‘O sentido de pertencia a unha comunidade é considerdo un recurso, como o capital’. ‘O feito de identificarse cos demáis na mesma comunidade social pode facer que a vida de todos sexa moito mellor dentro desa comunidade’ Amartya Sen, premio Nobel de Economía, lembrando o poder da cooperación, que on debe ser exclusiva (El País,…

  • Coñécete a ti mesmo

    O título é unha máxima que coido lembrar ten orixe na Grecia clásica, nalgún dos ‘filo-sofos’, amantes da sabiduría referentes da cultura occidental. O caso é que é aplicable non só a persoas, senón tamén a organismos. Tan evidente para unhas como para os outros. E aplicable ó noso concello. Se non se cree, que…

  • Xornais de turismo en secano

    A foto corresponde á 1000 xornais que (polo que pon a súa carátula) eran para repartir polas praias de Ribadeo o día 25. Onte (26) a última hora aínda estaban na Oficina de turismo (onde é de supoñer que sigan esta mañá), empaquetadiños en plásticos e agrupados por lotes de 40. Canta árbore, tinta, plástico,…