Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.395 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • Un punto de apoio máis

    Ribadeo, dende hai moito, ten fóra puntos de apoio nas isntitucións a niveis diversos. Un novo viu sumarse esta semana, pois o concellal de deportes Ribadense vai a asesorar á deputación no mesmo tema, sen deixar Ribadeo. O lóxico sería pensar na ‘sinerxia’ entre ambos postos. Como segunda, o segundo ouro de Ana Ferradás nos…

  • Lagoas

    A foto amosa un montón de papel cartón xunto a un contedor que non é de papel. Coido que xa comezou a recollida comercio a comercio do cartón, pero parece que aínda tardará en sutir efecto. algo parello pode dicirse da recollida de vidro, que diariamente se manifesta nas catro rúas por arrastre dun plástico…

  • Que bonitiño que é ou ‘as Reservas da Biosfera saen gratis’

    Recopilemos: unha zona que inclúe a ría de Ribadeo, e que se extende por Asturias e Lugo foi declarada Reserva da Biosfera. Con ela, o terceira parte da provincia de Lugo é Reserva da Biosfera. Por se alguén se facía ilusións (algún alcalde querendo capitalizar o tema, pro exemplo), ven a conselleira asturiana correspondente e…

  • Capacidades e limitacións

    Como gancho ara as eleccións, UPRI poñia no seu porgrama a construcción dun porto deportivo na Vila Vella. Agora vaise facer unha ampliación de 60 prazas no porto deportivo de Porcillán, básicametne cubrindo ocos na dársena, xa rechea e que é unha das de maior capacidade en portos deportivos de toda Galicia. E din que…

  • Esperanzas

    É de esperar que a construción de vivendas non siga indefinidamente: nin a terra (espazo físico) nin a Terra (o equilibrio do planeta) dan para máis a partires dun certo momento. Antes de que cheguen esas imposibilidades, está xa aquí o parón que representa a economía para aminorar a marcha esta tempada: quedaron pisos sen…

  • Mirando para atras ou aprendendo do pasado?

    Estamos afeitos moitas veces a non mirar atrás, o pasado, pasado. Pero o voltar a vista atrás, sabendo eso, que o pasado está pasado, pode dar unha fonte de aprendizaxe excelente, ó igual que cando se di eso de coñecer a historia para tentar non repetila (a parte mala).  Neste caso, trátase de pasado próximo:…

  • Os inmigrantes

    GaLicia segue a ser terra de emigración, como o testemuñan os miles de galegos que van procurar traballo fóra. Non embargantes, tamén é terra de inmigración, pois hai xente que parece que ven na procura dos traballos que os galegos non queren. Dito así parece unha contradicción, pero coido que non o é: en xeral,…

  • Patrocinio privado

    San Roque 2007 en Viveiro: unha empresa ofrece 20000€ e queda como único refresco mercable nos chiringuitos da romería. Máis ou menos, eso foi o que pasou. E coido que a polémica está servida e con razón. Non tanto porque teña habido un patrocinio, senón polo que representa de fondo, que segundo os detalles de…

  • Aquí se duerme fenomenal…

        … dixo Zapatero tras a súa primeira noite nos Oscos, unha noite normal, de semana, na que nalgunhas zonas de Ribadeo non se durmiu tan ben…     Deixando a Zapatero durmir, a Comisión de Goberno de Ribadeo non tratou o tema da licenza de Acuinor. Ó que parece, o tema segue proposto como estaba…

  • De novo, pola forza, Acuinor en Ribadeo

    Despois do xeito irregular no que foi tratado o tema da piscifactoría de Acuinor no seu momento, agora Acuinor volve á carga aparentemente dun xeito semellante, cunha apariencia de legalidade e unha imposición de fondo, ó menos se nos fiamos do que di a Voz. O que non teño claro é se o que tentan…