Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.395 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • Da política ó aluguer, pasando polas infrastruturas.

    Antonte saíu nos xornais a petición de mellora para a N640 ata Porto. É unha estrada que certamente da problemas circular por ela e que soporta abondo tráfico, algo que se notou máis dende a circunvalación, que fai que o condutor non desconecte da boa estrada antesde meterse nas curvas. Despois da petición xa viñeron…

  • Moitas empresas

        Unha volta rematado o tema principal das eleccións, (tamén aquí, complementando o anterior) Onte saíron as axudas para a instalación de empresas en diversas zonas (‘áreas prioritarias’). Entre esas diversas está Ribadeo. Hoxe sae na prensa un pequeno recadro lembrando que as axudas, se non se controlan, valen sobre todo para facer unha transferencia…

  • O custe dos dereitos

    O título ven dun artigo que lino outro día: os dereitos non son gratis, para exercelos hai que dispoñer de ánimo, mantelos en bo uso, como calquera instalación que queres que non te falle, e iso representa tamén un coidado, unha preocupación e unha inversión. Xa espuxen moitas veces que dereito que non se usa,…

  • Apatía de Ribadeo

    De novo aparece a apatía. Esta volta entre os comerciantes, como un dos puntos básicos para que despois de 9 anos Gervasio Cao deixe a presidencia da Asociación de Comerciantes. Coido que nalgúns puntos, Cao e máis eu temos coincidencia de opinións. Noutros, oposición total. Así, por exemplo, aparece como un dos logros punteiros alardeados…

  • A compravenda de vivendas, freada

    Tal como está no título, parece que non é novidade. Pero si que pode resultar novidade que se especifique nunha nova que se trata da compravenda de vivendas para especular. Hai detectada unha bolsa de unhas 700.000 vivendas para especular que non se están incrementando e que están agora saíndo ó mercado. Iso significa que…

  • Unha ponte nosa

        Mentres comezan as primeiras escaramuzas electorais, a conta das banderolas do BNG que xa están postas (coido que nas eleccións pasadas tamén foron os primeiros en colgar anuncios dos seus candidatos), a vida segue, e o avance das obras da ponte dos Santos, tamén. O caso é que díxose (onde estará esa documentación de…

  • Copiando

    Poño a continuación algo ‘cortado e pegado’, mesmo sen traducir: unha especie de excepción no blog, en relación á liberdade de comunicación de creacións propias. O orixinal, con comentarios posteriores, aquí — Autoedición Posted by JCortell under General , Noticias , Copyfight , CiberDerechos , Denuncias En esta típica noticia “SGAE hace que se embargue…

  • Renda

    A renda media dispoñible na Mariña é de 11.772 euros (é dicir, per cápita, non por familia), di o Atlas Socioeconómico de Galicia. É abondo inferior á correspondente ó Estado. Por contra, o índice de produtividade é maior na Mariña que en toda a provincia e maior que no resto de Galicia. Implicacións? Desigualdade económica…

  • Refluxo

    A construción na comarca está a sofrer un refluxo. Máis ou menos dende mediados do ano pasado as ventas caeron en picado. Séguese a construír, enchendo a costa de formigón para tentar manter un modelo que non se pode manter. E mira ti por onde, está comezando a cair non tanto polas normas reguladoras (ás…

  • Ano novo: paro crecente, inflación crecente, problemas crecentes

    As primeiras novas do ano, xunto cun intento de potenciación nalgúns medios da figura do Rei, xa comezada o pasado ano, poñen de manifesto a continuidade noutro tipo de novas, como as económicas, onde o aumento inflacionario e o repunte do paro que se apuntaban cara a fin de ano son confirmados, mentras os comerciantes…