Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.395 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • Recollendo a edición

    A partires de agora irei de novo recollendo a edición de entradas, pouco a pouco e vendo algún tema atrasado, como o da manifestación. Pero ise é un tema longo, non para agora mesmo. Hoxe, en troques, vexo nun mesmo xornal que Mahía restrutura a débeda para asegura a súa actividade inmobiliaria, o que fai…

  • Máis sobre a nave no porto

    A conta dalgunha petición que recibín e xa que hoxe ven por Ribadeo o Presidente de Portos de Galicia, aquí queda algunha precisión, tendo como base o que xa escribira en maio sobre a visita pasada: Características da nave que se pretende construír en Mirasol. (Enténdese que os datos postos a continuación son variables no…

  • Unha ligazón moi interesante

    É un post sobre a nave en Mirasol. Coido que non ten desperdicio para quen quera meterse algo en profundiade no tema. Aconsello encarecidamente a súa lectura.

  • Un novo panfleto turístico

    Presento hoxe as dúas portadas do novo panfleto turístico. Ten unha presentación clásica pero gustosa. Con información e en base a debuxos, non fotos. Esta volta hai diferencia co folleto recén retirado sobre Rinlo, ou o correspondente ás Cruces (do mesmo xeito, e en espera de escanear)

  • Tres millóns

    Cifra redonda cobrada onte en total por diversos veciños que esperaban dende hai tempo a que lles fixeran efectivo o importe pola ocupación das súas terras pola Autovía do Cantábrico. Nada novo, algo que chega con retraso. Si son novas as medusas que cada vez conmáis frecuencia chegan ás praias. Onte voltou tocar unha chegada…

  • A praza de abaixo, hoxe

    A conto dun comentario que me deixaron o outro día, poño hoxe un conxunto que fai de vista xeral da ‘parte de abaixo’ (zona leste) da Praza de Abaixo, co cine Colón aínda sen rematar de remozar no seu exterior. A praza de abaixo xuntaba varias diapositivas da presentación ‘Ribadeo Falls‘, que deste xeito se…

  • De movida

    Hoxe é a primeira nova dun xornal en internet sobre Ribadeo: un novo servicio de noitebús, esta volta, entre Ribadeo e Navia. Galicia e Principado únense para promocionar a movida, mentras aínda está por chegar o día no que se unan para xestionar dun xeito mantible a ría de Ribadeo. Subscribo o comentario periodístico: “Xunta…

  • Ollando (tamén a BeGaSa e a outras cousas)

    O pasado verán Ribadeo acolleu a mostra ‘Olladas de muller‘ (e 2) na rúa peonil. Agora, filaizando o ciclo, presentouse onte no forte de San Damián ‘Olladas de muller e lápis de home’, libro resumo da mostra, xunto coa mostra completa: o pasado ano só foran fotógrafas relacionadas con Ribadeo, mentras que este estendese a…

  • Resposta municipal nun mundo en cambio

    Parece que ó alcalde cóstalle variar a liña de acción municipal: hoxe aparece na prensa que dos ultimatum que lanzou hai tempo ás casas en mal estado no casco vello (ver contestacións ó final dun dos post adicado ó pleno último), aínda se segue esperando, e que ‘a próxima semana’ vai ordear as actuacións subsidiarias.…

  • Novas de xente amiga

    Mentras que a folga de transporte arrecia, seguen a chegar novas diversas. Dende que unha cisterna pasou escoltada para un subministro mínimo ás gasolineiras de mariñás ata un preacordo para a construcción da subestación eléctrica para o polígono (e para Ribadeo) ou ata o recoñcemento do mal estado da Casa da Ría de Ribadeo. Dende…