Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.395 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • Matapiollos: Bush e Zapatero

    Despois deste últimos días de ‘política internacional económica’, síntome perpelxo co tema. Dende hai moito tempo a política déixame así, pero parece que hai momentos nos que ese ‘así’ é maior. Resulta que, para arbitrar unha política económica mundial, en Europa lánzase a idea de reunirse moitos países para deseñar as liñas. É dicir, a…

  • Amencendo

    Nunha crise económica como a que se nos aviciña, (ver, por exemplo, algunha nova de hoxe)pode que non sexa tan mala cousa mirar ó pasado para aprender e procurar ideas. Fáise a nivel internacional, rebuscando na crise do 29, (por certo, o 24 de outubro foi o día de referencia, de comezo da baixada que…

  • Money, money, money, …

    Un dos puntos álxidos da película Cabaret. O primeiro que se me veu á cabeza despois da xuntanza desta fin de semana nos EUA dos xefes de estado dos países industrializados. Por fin se poñen de acordo, e todo o mundo regocixado porque van gastar máis cartos para solucionar unha crise sacándolle as castañas do…

  • Crisis?

    ‘Os pobre sodes máis pobres, e punto’ tomado dunha viñeta de Romeu (10/10/2008), en síntese, mentras contemplo a foto Bush-Berlusconi con cara de burla.

  • Arte e distribución xeográfica

    Un post máis hoxe para reflexar unha información suplementaria dos códigos postais. Información que por certo está relacionada no caso de Galicia coa prestación de servizos que as estruturas estatais/autonómicas/provinciais/locais ofrecen na realidade e as prometidas, e as que funcionan. O tema está relacionado con temas sociais, pero tamén políticos, económicos ou culturais.

  • As desgrazas nunca veñen soas

    É unha frase feita que aproveito para a situación da zona na actualidade. O mesmo día que o enésimo cataclismo financieiro non só se abate sobre nós como parte do mundo senón que se nos comunica que o imos ter que pagar entre todos tamén en España para que non afecte tanto á xente que…

  • Wifi no rural

    Bo, wifi… en xeral,internet. Xa no pobo funciona como funciona (alomenos nesta zona), con velocidades abondo menores das prometidas e colos de botella xa non só polas mañás, cando era abondo típico (iso si, os da mañá incrementáronse), para canto máis no rural, onde os aparellos sinxelamente parece moitas veces que non funcionan. Coido que…

  • Mentres os cartos escorren

    Estes días parece que os cartos escorren: din que onte a bolsa perdeu o máis do 6% do seu valor, é dicir, algo así como se o nivel de riqueza baixara nun só día o 6%. Cousas que poden tardar en notarse, pero han de facelo, en medio da barahúnda montada por cartos que se…

  • Un par de verdades

    Xusto despois do desenlace da loita xudicial de Acuinor contra Adega, atópome con dúas citas que quero reflexar aquí: “… de aí que os ecoloxistas véxanse enfrontados case sempre ós pobres, os ricos escóndense detrás.” “Se queres someter á xente, dalle milagres, misterio e autoridade; pero, sobre todo, dalle pan.” As dúas, de Suso de…

  • De onte e de hoxe

    Onte entereime do servizo de Google de procurasde webs anteriores a 2001. Se nel se procura Ribadeo, atoparase en terceiro e cuarto lugar a miña vella web, aínda activa pero totalmente desfasada, creada aló hai máis de 14 anos. da un pouco de nostalxia. Onte tamén traía a prensa a reapertura da ponte xa con…