Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.394 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • De novo a voltas co mercado

    Barullo que non remata. Coido que é un xeito gráfico de describilo. Para hoxe está previsto, pola tarde, por convocatoria do alcalde, que se reuna a xunta de voceiros co fin de falar do mercado semanal dos mércores e do seu futuro. Mentras, a nota de prensa da conta de que non hai propostas formais…

  • Non é de Ribadeo…

    … pero coido que si é de interese esta parodia da entrega dos premios Goya o outro día.

  • Apoio mutuo: Sabido é que os luns …

    … son días de poucas novas, polo que soo facer uso dos artigos de opinión. Onte atopei algunhas perlas relacionadas coa crise: “Alguén debera comezar a facer chamamentos, non para que os cidadáns aumenten a súa capacidade de encaixar golpes, senón para que incrementen a súa presión para lograr que o sistema non poda voltar…

  • Unión / desunión

    O tema do mercado parece abocado a continuar, mentras os mercaderes cada vez perden máis apoio dos ribadenses. Incluída a oposición, que vai palpando tamén a posición mesma do pobo. Mentras, levamos xa máis dun mes sen mercado na ‘segunda fase’, é dicir, despois de que os comerciantes decidiran interromper a folga no Nadal, época…

  • Dúas fotos e un aviso

    Onte foi a Asamblea de O Tesón. En breve aparecerá a acta correspondente, pero de pronto, está xa a acta aprobada onte. Á beira, unha foto da que quedará nostalxia, o aviso da Innovación de que pechan, e por iso liquidan. Xunto ó cartel de aviso, un traxe de noiva. O peche está programado para…

  • Os 170 da fama

    Anuncian que aínda seguen 170 familias sen luz. E vai para unha semana. No mesmo xornal, Begasa anuncia roubo de gasoil dos xeradores. Mentras unha nova fala de resistencia á vella usanza e ineficiencia nas empresas, a outra inclúe a picaresca de sempre, mentras avisan de novos ventos. Anuncio que en Ribadeo non se ve…

  • Plan anticrise

    Por aquí sábese dos fondos do plan anticrise “de Zapatero” polas novas de prensa que van saíndo e aclarando se no rural ou no pobo se van facendo cousas; hoxe na prensa sae que en Mondoñedo a resolución vai ir a pleno. Coido que non representa moita mellora na difusión e no contar cos viciños…

  • Continuamos?

    O temporal pasou. Os destrozos quedan aínda por moitos lugares (á beira, o tellado de AROMAR caído). As queixas, tamén. Que se pode mellorar a resposta, evidente. Que non estabamos preparados, tamén. Que hai un século os destrozos terían sido vistos doutro xeito totalmente diferente, tamén, tanto pola importancia relativa que terían como pola capacidade…

  • Despois do temporal

    Visto as novas de prensa, a situación non é mi boa. E, despois de ver os destrozos polo temporal, a xente comeza a ver outras cosas como a tardanza en restablecer a corrente eléctrica. Para comezar a semana deixo a ligazón a un artigo sobre reclamacións a compañías de servizos, que soe ser un suplicio,…

  • 54-24: efectos do vento

    54, número de visitas do blog o sábado hai 15 días; 24, onte. Iso implica máis ou menos que a xente que visita o blog é maioritariamente de fóra de Ribadeo. Os residentes de Ribadeo non poideron facelo onte; a luz retornou cara ó medio día de hoxe (á casa, ás 14) O venres á…