-
Asamblea da Asoc. Puente de los Santos
Un desafortunado cambio de lugar de última hora fixo posible que non chegara a tempo á xuntanza, polo que a entrada será recortada. O auditorio estaba ocupado polas actuacións de fin de curso da EMMD que referín xoves. A primeira convocatoria da asamblea estaba prevista para as 20:30, e a segundada para as 21:00, en…
-
Inicio de desbloqueo? Ribadeo pode e debe ter outra entrada dende a autovía
Iso parece: A comisión de Fomento do Congreso dos Deputados insta ó Goberno a poñerse en contacto co Concello de Ribadeo para falar sobre as características que debe ter unha nova ligazón coa autovía, ó tempo que a sacar o cartel de ‘Ribadeo sur’ que aparece en Dompiñor e que tanto engana ó automobilistas, pois…
-
San Xoán
Felicidades a tódolos Xoán/Xoana. É un día do que todo o mundo sabe o patronímico correspondente, e non é a causa do el-Rei, aínda que neste caso, na actualidade, a cousa coincida. De calquera xeito, e no sentido real, o día descendeu de categoría, pois houbo un tempo no que lembro que foi festivo.…
-
Ribadeo desaparecido na néboa
Non chega con ‘Río de Ribambo’. Agora Ribadeo desaparece na néboa. Calquera que mire a actualización de google maps no referente a Ribadeo verá que a composición fotográfica fai desaparecer a Ribadeo baixo a néboa, non véndose as instalacións portuarias ou a Torre dos Moreno. Mentras, o Río de Ribambo é o título que segue…
-
Sobre telefonía móbil e Ribadeo
Hai varios días, nun post, comentaba a sentenza dada a coñecer polo concello a traverso dunha nota de prensa, sobre o pago das compañías ó concello por antenas de telefonía móbil. Onte atopeime outra sentenza algo contraditoria coa anterior, e que previsiblemente enturbiará o futuro recurso que presenten as compañías.
-
sobre as descargas, os piratas e o delito
Coido que hai abonda intoxicación no tema e un montón de intereses. Por iso as novas como istas necesitan unha difusión ‘boca a boca’: “Descargarse 3.322 películas y un número indeterminado de canciones para uso particular o para intercambiarlas con otros usuarios de Internet sin ánimo de lucro no constituye delito.” O compromiso dunha rede…
-
Algo relacionado
De cando en cando aínda me chega algún comentario mal encarado sobre os recheos ou a macronave que se pretendía facer en Mirasol. Paso por diante e vexo os montóns co sal? acumulado no último recheo dende hai … seis meses? Non debe chegar aínda, pero non debe faltar moito. Xa mermado na base a…
-
Operación Lidl: que cadre o círculo (a rotonda)
Hai xa tempo, poñía nun post a nota correspondente á instalación do Lidl, agora xa inaugurado, e engadía ó final que parecía non haber contrapartidas. Este post é unha corrección: si hai contrapartidas, unha rotonda, aínda que non no mesmo sentido que as achacadas cando a instalación do hiper de Eroski (se non lembro mal,…
-
Turismo
O Concello aposta polo turismo: un día despois de que fora presentada a nova campaña anual dirixida a que os asturianos veñan en tren ata aquí a pasar a fin de semana no verán, e dous despois da recepción das bandeiras azuis para Os Castros e Illas, e para As Catedrais, sae a noticia de…
