-
A ciencia en España non necesita tesoiras
Moito se leva dito sobre o ‘que inventen eles!’ de Unamuno. Moito e tamén moito mal. Moito se leva escrito sobre o tradicional atraso da ciencia española, primeiro por culpa da nobleza que sumiu nun atraso secular a estrutura mental en España. Despois, polo estreito marcaxe ás ideas da capital da contrareforma. Despois aínda, coa…
-
Santa Rita, Rita, Rita, o que se dá, non se quita
Ou si? Coido que todos coñecemos o dito do título. Agora Fomento quere invalidalo a conto da non construcción do ‘reforzo de ligazón’ para os accesos á circunvalación ribadense. De novo unha institución pretende facer o que lle peta a ela sen consideración algunha polos administrados. De novo, sen explicacións. De novo, sen plantexarse que…
-
Curiosidades sobre as drogas
Vexo en ‘Público‘: “(…) en los Estados Unidos, donde nada menos que un millón y medio de personas son encarceladas cada año por delitos relacionados con la droga: consumo o distribución de esquina (pues por alguna misteriosísima razón en los Estados Unidos, primer consumidor de drogas del mundo, nunca encuentran a los grandes narcotraficantes)”. Curioso,…
-
Un impulso al mundo…
Remato de ver a derradeira entrada polo momento do blog im-pulso, que trata sobre a xuntanza do G-20 mantida en Pittsburg os días pasados, xuntanza que de paso obviaba a importancia da apertura de sisións da ONU. E deixo aquí a ligazón para acceder á entrada, pois, mentras que os medios ‘normais’ (prensa, tv, etc),…
-
As sentencias non se discuten
Verbas do alcalde. Opto entón por non discutir tampouco a sentencia correspondente, facendo a salvedade que que algo esteña dentro do marco da legalidade non significa nin que beneficie á maioría, nin que sexa desexable ou mesmo que sexa xusto, senón que ten o aval para seguir adiante sen trabas e hai que facerlle o…
-
Máis datos para o magnífico agosto de Ribadeo turismo
… e para todo o verán. O Parador Nacional, segundo a Voz, tivo sen ocupar menos de unha de cada vinte habitacións dispoñibles ó longo do verán (95,1% de ocupación). Considerando cancelacións e demáis, pleno no verán. Como dixen no seu momento, a finais de xullo, evidentemente a alguén lle poideron ir mal as cousas…
-
Festas e custes
Estamos na semana de festas. Aínda así, coméntase que hai que apretar o cinturón. E mírase máis (é un dicir…) onde gastar os cartos públicos. Non obstante, a asignación dos mesmos depende de criterios que ás veces escapan á racionalidade en máis dun sentido. Lembrando que estes días tamén hai exames de setembro, asocio a…
-
Máis cara que espalda
‘Os vendedores de coches avisan de que as axudas estánse a esgotar‘… mentras, hai subvencións para o sector do leite? … non. Por iso, ó tempo, saiu unha viñeta manifestando isto mesmo, e a Xunta concedeu as axudas correspondentes … de novo ampliadas para o sector da automoción, para que a xente compre coches. Non…
-
Arredor da suba de impostos en Ribadeo
A conta dunha nota de prensa da AVV Atalaia, onte fun preguntado polo que pensaba sobre a suba de impostos e taxas. Hoxe pode verse na voz o que deduxo o meu interlocutor do que dicía. Como outras veces, coido que debo aclarar algunhas das cousas que alí aparecen. A primeira, que se me chaman…
-
Orzamentos 2009: sen comentarios
Paso a nota do concello, sen comentar, e tendo en conta que é a visión de só unha das partes implicadas. Para un comentario, O Cargadoiro. NO PLENO EXTRAORDINARIO CELEBRADO ONTE Aprobados definitivamente os orzamentos de 2009 19/08/2009 Aprobados definitivamente os orzamentos municipais de 2009 en Ribadeo. O alcalde destaca a importancia de sacalos adiante…
