-
A taxa Tobin sae á luz pública
Remato de escoitar pola radio que hoxe mesmo, nunha xuntanza internacional (do G-20), Gordon Brown, Primeiro Ministro inglés, propuxo oficialmente unha taxa sobre transaccións dinancieiras internacionais, o que se coñece como ‘taxa Tobin‘, proposta hai máis de 30 anos por ATTAC. Coido que é a primeira vez que se produce un tal chamamento nun foro…
-
Reclamacións na zona de Ribadeo
Mentras a plataforma de defensa da zona sanitaria vai pouco a pouco poñéndose en marcha (última xuntanza, onte, en Burela, quedando constituída unha pequena comisión que se moverá ata o día 11, data da próxima xuntanza) case se pode dicir na semiclandestinidade, un sindicato (UGT) pide o que hai un ano pediron diversas asociacións de…
-
Miradas dende (e para) a Atalaia
Parafraseo o título do boletín da Atalaia para agrupar nun só título doce fotografías tomadas hai unha semana. Pode que fora mellor ilas desgranando pouco a pouco, explicándoas, comentándoas, facendo ver a interrupción visual en algo que noutro momento foi mirador e agora queda como balcón sobre Porcillán. Decidín non facelo así agora (quizáis máis…
-
Un artigo de onte na Comarca: Problemática da crise, por Rodrigo Pérez Coto
Podemos ter moi diferentes imaxes e pensamentos sobre a crise, dende os por que á amplitude real, pasando pola súa conexión con outros temas vitais ou ideolóxicos, pero o caso é que todos estamos de acordo sobre a súa existencia. Deixo hoxe un artigo que apareceu na comarca de onte e que da unha visión…
-
Apostillando a entrada sobre o estrangulamento económico dos concellos
Despois da entrada sobre a dependencia dineraria dos concellos respecto do urbanismo, atopo no mesmo xornal unha reportaxe sobre a futura nova normativa de urbanismo e unha entrevista, da que entresaco abaixo unha parte. E pregúntome se as dúas novas non son en parte, contraditorias. “Todos os estudos anteriores incidían no problema da contaminación por…
-
Chegou o estrangulamento
Si, chegou o estrangulamento económico dos concellos e o ‘sálvese o que poda!’. Aínda así, hai concellos que están peor que outros. Se este ano en moitos lugares a situación era mala, é previsible que para o próximo en xeral os concellos teñan máis débedas e menos recursos. E, coa necesidade, co estrangulamento económico, é…
-
Secuenza de estibaxe en Ribadeo: un minuto
No vídeo adxunto, cousa de 1 minuto 10 segundos. Na estibaxe seguinte cronometrei 62 s, e hai que ter en conta que co sistema actual, no cambio de camión parece producirse un lixeiro retraso para o paquete seguinte. Hai case un ano cargaba este outro vídeo: Nel pode verse que coa outra grúa a secuenza…
-
Plan E ando Ribadeo e a Mariña
Agasallo do goberno? Non, distribución diferente de cartos de todos, e endebedamento xeral para poder facer isa redistribución. Non nos enganemos co Plan E nin co ‘novo’ Plan E, ou ampliación do plan. Ambos son presentados como unha especie de agasallo, pero non. Que quede claro. A Ribadeo correspóndenlle segundo os baremos usados 1 065…
-
Un servizo menos servizo: outra falta para Ribadeo
A nova de que se suspenden o autobús de mediodía (14:15) a Lugo e queda só para os festivos o da tarde (18:20) á Coruña non é boa para Ribadeo. Tradicionalmente non se pode dicir que Ribadeo sexa un pobo ben comunicado, e isto agrava as cousas. Si é certo que unha empresa como Arriva,…
-
Novos contrastes en Ribadeo
Foi un fin de semana tranquilo relativamente, para a cantidade de xente que houbo. Di a prensa que se marcaron plenos na hostalería, e é de crer, alomenos para a noite de sábado a domingo. Pola noite de domingo a luns, abondo menos. Así, foi a nova destes días, algo que máis ou menos en…
