Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.454 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • Mércores, mercado

    Hai cousa dun ano os mercaderes estaban a piques de voltar ó mercado despois da folga. Este ano a cousa é diferente: o mercado mantívose no inverno, ben que en horas baixas, que algo fai a crise e quen se foi a Castropol. Pero, despois das primeiras semanas, pola novidade da existencia dun mercado en…

  • Sobre as leis do mercado

    Din que a principal lei do mercado no sistema capitalista é a da liberdade de balance entre a oferta e a demanda. Pero que, na realidade, está enturbiada por moitos factores, deixando dita liberdade anulada, por exemplo, en función da regulamentación legal ou da forza de intervención de intereses particulares. Sábado presentous en Ribadeo a…

  • Plans

    Da web do concello pode obterse hoxe información sobre dous temas puntuais. Un, xa anunciado a bombo e platillo, o custe de instalación no polígono. O outro, o plan de mobilidade que aínda está por redactar e que, segundo a información, reclamará a participación cidadá. Así, o primeiro implica o financiamento e o segundo a…

  • Rematou o entroido

    Estamos xa en coresma, aínda que non o pareza. Pensar máis, dicir menos, falar mellor, poderían ser directrices despois duns días nos que o desfogue do corpo está á orde do día, sen pensar moito ou facéndoo cuns patróns diferentes, falando en consecuencia ou sen consecuencia, sen importar a cantidade ou a cualidade… Impónse unha…

  • Balbino Pérez Vacas gana un pleito ó concello

    Coido que mellor que expoñer todo aquí é ir á ligazón da COPE onde polo momento se pode ver a nova. Máis de 1 000 000 de pts por mes, o que cobrará de atrasos o antigo alcalde. Na Voz.

  • Sobre o Gaiás

    Quen vaia a Bucarest ten unha visita case obrigada: ó pazo do megalomaníaco ditador Ceaucescu, que mentras mantiña ó pobo ó pobo na pobreza construiu para o seu uso e desfrute un dos maiores edificios do mundo. a xustificación, como noutros moitos casos, era a de ser un ‘pazo para o pobo’, pero por ser…

  • Nota de prensa da plataforma sanitaria

    A EXECUTIVA DA PLATAFORMA EN DEFENSA DA ÁREA NORTE E DA SANIDADE PUBLICA, tivo onte día 4 de febreiro as 17,30h unha reunión con membros da Consellería de Sanidade. Asistentes: Pola Plataforma: Pilar Méndez, Ramón Vázquez Andrade, Rosa López, Fátima Rodríguez Moreda. Pola Consellería: Ángel Facio Villanueva (Subdirector Xeral de Planificación e Ordenación Asistencial), Mercedes…

  • A loita contra a corrupción

    Copio sobre a corrupción: “Non só afecta á clase política, tamén ós funcionarios e ós grupos de presión. En España temos moitos exemplos. Hai presión por parte do sistema económico que procura obter beneficios, e eso pon en perigo o sistema democrático. Ó final non goberna o pobo, senon que quen está a liderar o…

  • Unha pequena historia en tres cadros

    A raíz do anuncio de prensa da proba dun novo barco de Gondán, buceei hoxe pola web dos asteleiros para obter uns cantos datos e poder presentar a traxectoria do asteleiro das Figueiras dende o ano 1969, en que comezou a construcción de barcos con casco metálico (a abrangue a web corporativa), ata hoxe. É…

  • Haití, de novo

    Unha iniciativa do alcalde pretende acoller nenos haitianos en Ribadeo de xeito transitorio. Os poucos detalles que da a nova de prensa do concello sitúan a iniciativa en algo factible, se ben non de xeito inmediato. Un grao de area máis no tema da catástrofe haitiana, que non pode facer esquecer a cuestión de fondo:…