-
Un pouco máis
Só unhas verbas para dar referencia da nova nota de prensa do concello sobre a petición de cartos á Xunta para paliar os danos da auga, e con referencia a algunha cousa que se podería facer, aquí.
-
13 pontes
Segundo parece, os que foron danados, segundo a penúltima nota do concello (anteriores 1, 2, 3, 4, 5, 6)ascendendo a uns 650 000 € os danos da riada nas estruturas municipais. Darse unha volta por algunhas parroquias nos puntos próximos ás correntes de auga denota máis danos. Deixo algunha foto ó caron, da situación actual…
-
Recortes cunha man (a dereita), agasallos coa outra (a esquerda)
Recortes cunha man, agasallos coa outra. Non se trata daquelo de qu enon saiba a miña man dereita do que fai a esquerda, senón todo o contrario. É algo moi sinxelo: transferencia do que se colle cunha para dalo coa outra. Coido que por estas terras estamos faltos dun mito como Guillelme Tell ou Robin…
-
O tren para, Ribadeo non
O expreso da Robla, tren turístico camiño de Santiago, terá unha parada en Ribadeo. Trátase dun novo impuso ó turismo: cearán no parador aínda que durmirán no tren, segundo as novas. É dicir, un impulso á noite dos xoves ribadense, exercido de xeito continuado dende xuño a setembro, que é de supoñer haberá que complementar.…
-
Conto económico por correo electrónico
Chegou ás miñas mans, procedente dun amigo e sen outra sinal de identidade. Pode servir para ver que é, en resume, o que está a pasar… Solicitouse a un prestixioso asesor financeiro que explicase esta crise de forma sinxela, para que a xente normal e corrente entendese as súas causas. Este foi…
-
Orzamento, non, presuposto, tampouco (II)
Despois da primeira entrada sobre o pleno de martes, seguen sucedéndose as novas sobre o sucedido. Ás xa apuntadas como comentario daquela (1 e 2), hai que engadir tanto as notas de prensa do concello (1 e 2) como os diversos comentarios dos edis na radio (1, 2, 3, 4, 5, 6), a visión da…
-
Orzamento, non. Presuposto, tampouco
Coido que o título é o resume do pleno de onte. 12 persoas asistiron a un pleno no que faltou Begoña (PP) e coido sobraron moitas palabras. Os desacordos foron máis aló de que uns e outros usaran diferentes verbas para referirse ó mesmo, a previsión das contas para o ano, que non se…
-
Pleno sobre o orzamento
Días atrás o concello sacou unha nota sobre un pleno extraordinario, o de hoxe. Non é de extrañar, pois vaílle moito: é o pleno dos orzamentos xerais do concello, o que rexerá os gastos para este ano. É de supor que un orzamento nun momento complicado como este, cando chega ó pleno terá un…
-
Mirando co Rei a Cataluña, non a Madrid
Nova de onte foi, que o Rei, recén operado, declarouse orgulloso da sanidade pública. Pouco de novo tería a cousa e pouco en relación a Ribadeo: a sanidade pública española parece ter un bo nivel internacional, e non foi nun centro galego nin mariñán que o Rei se operou. É máis, non lle prestara grande…
-
Relacionado coa economía do concello
A semana pasada xurdiu a nova dunha fonte de aforro do concello: a rotura das conversas para o convenio colectivo dos funcionarios. Parece evidente que, se se aplica a suba proposta polo estado para os funcionarios, que se da a entender que é menor da que se reclamaba en convenio, vai a haber un aforro.…
