Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.394 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • Sobre Mirasol

    Onte foi dada a nova da apertura de licitación das obras en Mirasol, comprometidas a ENCE. 2,6M€ para básicamente ampliar o espigón no seu grosor (como tenta representar a zona en negro) e a un dragado ata 100m da beira (límite marcado pola liña vermella) abranguendo a lonxitude do peirao. A dicir que a foto,…

  • Feve …

    Vexo a nota do concello sobre o descarrilamento de onte dun FEVE de mercadorías camiño de Navia, con madeira e aluminio. E penso non tanto no inconvinte que pode resultar por unha tempada sacar dalí os vagóns e a carga e reparar a vía (non houbo feridos), senón precisamente no feito de que a carga…

  • Preparando o futuro?

    Remato de ver unha nova sobre ocultación de beneficios, o que me lembra a reforma do despido en España, onde agora unha empresa pode alegar malos tempos apra comezar a despedir. cousa de ir anotando estes intríngulis para o futuro.

  • Servizo complementario

    A nota do concello é abondo indicativa: haberá un autobús ás praias as tardes (o fin de semana, tamén as mañás) durante o verán. Será un servizo de Eocar, independente, pero animado polo concello. Coido que isto debe quedar claro: o concello ou a Xunta non subvencionan, senón que a Xunta permitiu e o concello…

  • Máis sobre orzamentos

    Despois de botar contas sobre o mundial atopei onte tamén a nova do gasto que suporá para a Xunta a visita do Papa. Visita que non inclúe unha noite en Compostela, pois irá durmir a un lugar non sei se máis santo, Barcelona. A cousa din que supón 2 M€ (por otro lugar atopei 4…

  • As contas do mundial en Ribadeo

    A nova de que o balón empregado no mundial é impredicible a alta velocidade e polo tanto as bondades dos xogadores ou do conxunto dunha selección terían menos importancia no resultado dun partido do que xa se supón, lembroume unha cousa sobre a que cría ter escrito pero non: 600 000 euros (100 millóns de…

  • Por esta, limpeza tardía

    Onte o concello sacou unha nota de prensa pola que se permite, previa petición escrita, a limpeza da madeira acumulada nos ríos. Hai que lembrar que a potestade sobre o tema tena a confederación hidrográfica, non o concello, que fai de entidade subsidiaria neste caso. Pero sobre todo, hai que lembrar que foi a falta…

  • Sobre o tren mineiro Vilaodrid – Ribadeo

        Por concesión de Javier Ramalleira Fernández remato de colgar en ‘Publicado en Ribadeo‘ o traballo ‘Análise do tren mineiro Vilaodrid – Ribadeo‘,pequeno estudo de trinta páxinas que non deixa de amosar cousas que poden resultar novedosas, como a solicitude de cesión da estación polo concello de Ribadeo ó patrimonio do estado (denegada), ou planos…

  • Tódolos camiños conducen a Roma … e a Santiago

    Xa hai un novo camiño a Santiago. Si, xa sei o de que tódolos camiños conducen a Roma, e a calquera sitio, e que sempre se poden atopar documentos históricos de que polo sitio que se queira pasaba un camiño, que a humanidade comezou sendo nómade. Xuntar as dúas cousas, a existencia dun camiño e…

  • Collendo unha entrada de Im-pulso e engadindo algo

    A entrada de Im-pulso onde amosa como pode influír o ‘capitalismo salvaxe’ na xestión económica podería ser continuado: A cousa é que cada subcontrata queda con parte do pastel, e hai para todos. quen non se lembra dos razoamentos sobre intermediarios que se deron en España tantas veces? Pois aquí, ó besta, co engadido de…