-
Lodos vermellos, seguros?
Un desatre ecolóxico en Hungría a raíz da rotura dunha balsa con lodos vermellos dunha empresa aluminera desata o temor arredor de Alcoa. Mobilízase a información e xurde a traverso da empresa, para tranquilizar, ó tempo que a balsa é algo máis que o seu posible desbordamento. En Hungría, no interior do continente, nunha terra…
-
O día 29 non se edita o blog
Só un aviso para dicir que non haberá entrada algunha o día 29. O día da folga xeral este blog sumarase a ela. Coido que as causas da folga están craras, polo que non ven a conto profundizar máis nelas. En canto a outras cousas relativas, como a bondade dos sindicatos, ou o facer folga…
-
De contas e novas
A nivel estatal, o retorno do verán está traendo os primeiros conflitos económicos á actualidade. e máis que a propia economía, as relacións laborais, que se ven discutidas en diversos termos. Onte en dous xornais que tiven a man vin expresións como o chamara exército sindical ós delegados, e unha afirmación: ‘os 4 127 liberados…
-
A Xunta … e os demáis
Collo unha nova xa algo vella: A Xunta convoca a mesa do leite. Sigo a ler. E resulta que é tras presión gandeira. Antes, reunírase coas empresas en diversas ocasións, sen tanta cousa mediática, dixou marchar o poder das empresas fóra de Galicia, non se preocupou moito do prezo do leite (nin o subvencionou como…
-
Un transporte especial
Chegou o transformador ó porto. Xa hai un par de días que leva cargado. Non obstante, non se movera onte pola tarde dalí. Nunha conversa casual pillada ó paso pareceume entender que se tiveran problemas na desestiba, pero, tivérannos ou non, o caso é que se puido ver (quizáis aínda se pode) no porto un…
-
Ribadeo era unha feira
Antes de pasar a ‘Ribadeo era unha festa’, a 11 días da patroa, e co parque xa ocupado dende hai días por algunhas atraccións festeiras madrugadoras, obsérvase polas rúas do pobo aunha pequena diferencia con outros fins de semana: a feira de stocks. É un dos xeitos do comercio de Ribadeo de innovar na venda,…
-
Á beira da ponte dos Santos e á súa sombra
Á beira, un esquema da parte máis externa da ponte dos Santos sobre a ría de Ribadeo. De esquerda a dereita vese a calzada dos vehículos, a protección que a limita, unha farola, o valado de separación co paso de peóns, o espazo do paso e a baranda. Cando se fixo a ponte, había unha…
-
Un recuncho da ría
A ría de Ribadeo, como un todo ou en relación a partes, leva sido tema en moitos post no blog. Polo nome e a polémica arredor del, pero de xeito primario pola propia ría, as súas características, conservación, etc. E visto o visto, coido que continuará así. O pasado ano, unha vez pasado o verán,…
-
Un detalle de cine
Sabido é que os cines están en retroceso: a televisión primeiro e internet despois, están desviando a súa clientela de xeito que levan máis de medio século en retroceso. Hoxe unha nova de prensa da un dato que, nese contexto, apuntala o pulo ribadense na comarca: entre Avilés e Viveiro, só Ribadeo ten cine en…
-
Sen obras
Pouco a pouco non, senón ás presas, fóronse paralizando as obras da autovía en diversos tramos, de xeito que agora parece que só quedan en marcha as correspondentes a Barreiros-Lourenzá. Hai alcaldes que protestan, e non debe causar extrañeza: representa un pao en diversos aspectos. En primeiro lugar, de xeito inmediato, o emprego. O efecto…
