-
Mercado dos mércores e choiva neste mércores
Cae auga a mazo. Este mércores anunciose mercado a pesares de ser festivo, o que en xeral faría que non o houbera, para aproveitar a afluencia de visitantes destes días. O que chove vai propiciar que non se aproveite moito. Non sei quen estará agora no mercado, pero estará enchoupado. E, pola previsión, a cousa…
-
A importancia dos símbolos
Pódese ver en moitos lugares. Aí están as bandeiras, por exemplo, e a súa imaxe de punta de lanza nacional ou borreguismo, segundo casos. Ou a barreira psicolóxica dos 10 000 en Ribadeo, que despois de ser alimentada para tentar facer dela un límite a superar, agora resulta algo a borrar, a desfacer… despois de…
-
De novo, os cortes de luz
Un gran temporal? Non! simplemente, a repetición dos cortes de luz de anteriores anos (aquí, unha referencia como exemplo). E un más a puntar na lista de cortes que non deberan suceder. Como noutras ocasións, segundo a prensa, a empresa lávase as mans, porque as árbores están aí, e sempre poden producir avarías. A xustificación…
-
Canon …
… dixital. Unha pregunta. Cánto tardará o concello en reclamar o pagado por canon dixital? Ten organizado o tema para poder reclamalo? A sentenza da UE sobre a aplicación do canon dixital dixa fóra ós concellos; é dicir, o canon pagado pode reclamarse. Claro que, para iso, hai que ter datos.
-
CCA – 2
Ribadeo ten un Centro Comercial Aberto. Iso sabémolo todos: é unha agrupación de tendas do centro urbán que tratan de potenciarse mutuamente englobándose nunha asociación. Así pois, non é propiamente unha única entidade que aglutina tendas, senón unha acción comunitaria para asemellarse á unión dun centro comercial e aproveitar sinerxias do mellor xeito posible. Tamén…
-
A definición dun porto
A definición dun porto pasa pola consideración dunha lamela de auga útil e a superficie terrestre usable. Nun porto interno a unha ría relativamente non moi grande, ambas están relacionadas, pois a máis cantidade dunha, menor disponibilidade da outra. En Ribadeo, a lamela de auga que se mermou hai non moito en 8 000…
-
Non hai axudas, hai axudiñas
A ría do encontro está desencontrada: o taller de emprego mantido entre Ribadeo e Castropol non se anovará, non hai a convocatoria de subvención que a mantiña despois de catro anos de existencia continuados. Por 100 000 € hai discusión. É o monto das obras na N640 en Porto, nunha amplitude de 1,5 km despois…
-
Unha homenaxe: en tempos de tribulación non facer mudanza
Collo como título a cita dun lema da Compañía de Xesús (Xesuítas) para ilustrar o paso polos 100 anos dunha institución abondo alonxada da ‘compañía’: a CNT. A conto do cumpresiglos da CNT visitei a súa páxina e atopeime cunha reflexión sobre o vapuleo mediático ós sindicatos que reproduzo en parte a continuación: “Es evidente…
-
Como unha piña
Con abondos días de ventaxa sobre o previsto inicialmente, os mineiros chilenos atrapados dende hai máis de dous meses teñen comezado a saír, unha volta que a sonda chegou ó nicho no que se atopan. Volve a efervescencia de novas, e vese outra vez aparentemente a un pobo/nación/estado aglutinarse arredor, e a alegría que eso…
-
Estás afiliado á CEOE
Non o sabías? Pois si, estás afiliado á CEOE, pero sen dereitos de afiliación. Os números en economía son mareantes para calquera do común. Por exemplo, resulta que poderás ter ou non pedido un crédito no banco, pero o estado deixoulles por ti (varía segundo as fontes) cousa duns 2 000 € para o que…
