Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.313 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • Liña habemus!

    Despois de moitas reviravoltas, aquí está a “Resolución de 2 de diciembre de 2010, de la Secretaría de Estado de Cambio Climático, por la que se formula declaración de impacto ambiental del proyecto Línea eléctrica a 400 kV, doble circuito denominada Boimente-Pesoz, Lugo y Asturias.” (descargable como pdf aquí) Entre Pesoz e Viveiro hai uns…

  • sobre unha piscifactoría

    A finais da semana pasada atopeime nos xornais cunha nova sobre a piscifactoría de Pescanova na costa de Piñeira. Facendo un pouco de lembranza para todo o mundo, despois das reviravoltas diversas, xulgados incluídos, da piscifactoría que quedou na lagoa Cascos, cando estaba dando este tema os últimos coletazos, saíu á luz a pretensión de…

  • Máis porto

        A expresión ‘máis porto’ pódese entender de varios xeitos. Ocórreseme que en particular, de dous.     O primeiro, ter un porto con maiores dimensións en calquera das súas facetas, por exemplo, naves maiores, ou máis superficie de maniobra en terra. O último é o que se procuraba cando se fixo a ampliación de 8…

  • Estratexias comerciais

    Aínda non se puxeron as luces de Nadal, pero este ano van ser de campanillas: un aumento do orzamento correspondente do 50% así parece presaxialo. Pola nova de prensa que uso, non me queda moi claro se o concello paga todo, os 9 000 € que costa, en troques de dúas terceiras partes que entendo…

  • A luz, o seu servizo e o seu custe

    Leo na revista da OCU un editorial deste mes sobre unha sentencia en Barcelona (aquí, un artigo sobre o tema da propia OCU). O motivo? a esixencia de compensación ás eléctricas polo apagón que sufriu Barcelona no 2007. O xulgado estima culpabilidade por carencia de inversión en infrastruturas. Responsabilidade? A cargo de REE e FECSA-Endesa.…

  • Idas e vidas do mercado e Ribadeo

    Hoxe a prensa recolle dúas actuacións sobre mercados que afectan a Ribadeo. Nun primeiro momento tal parece que unha fora positiva e outra negativa. Logo … pode ser que ó final a cousa sexa diferente. Aí van: Unha: O principado impulsa unha área comercial preto de Navia. Máis ben cabe dicir que impulsará, pois a…

  • Mercado dos mércores e choiva neste mércores

    Cae auga a mazo. Este mércores anunciose mercado a pesares de ser festivo, o que en xeral faría que non o houbera, para aproveitar a afluencia de visitantes destes días. O que chove vai propiciar que non se aproveite moito. Non sei quen estará agora no mercado, pero estará enchoupado. E, pola previsión, a cousa…

  • A importancia dos símbolos

    Pódese ver en moitos lugares. Aí están as bandeiras, por exemplo, e a súa imaxe de punta de lanza nacional ou borreguismo, segundo casos. Ou a barreira psicolóxica dos 10 000 en Ribadeo, que despois de ser alimentada para tentar facer dela un límite a superar, agora resulta algo a borrar, a desfacer… despois de…

  • De novo, os cortes de luz

    Un gran temporal? Non! simplemente, a repetición dos cortes de luz de anteriores anos (aquí, unha referencia como exemplo). E un más a puntar na lista de cortes que non deberan suceder. Como noutras ocasións, segundo a prensa, a empresa lávase as mans, porque as árbores están aí, e sempre poden producir avarías. A xustificación…

  • Canon …

    … dixital. Unha pregunta. Cánto tardará o concello en reclamar o pagado por canon dixital? Ten organizado o tema para poder reclamalo? A sentenza da UE sobre a aplicación do canon dixital dixa fóra ós concellos; é dicir, o canon pagado pode reclamarse. Claro que, para iso, hai que ter datos.