Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.394 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • … e a luz fíxose

    Comezan de novo (mellor, continúan) os cortes de luz que tanto tipifican a zona, vila incluída. Haberá que protestar á compañía de distribución de novo? A vez pasada non fixo caso nin a cia, nin a xunta, nin o concello, nin …

  • é sostible Ribadeo?

    Coido que o primeiro sería especificar o sentido de sostibilidade. Coa crise ás costas, mentras hai xente que opina que ‘coa crise é razoable pedirlle un esforzo á xente rica de verdade‘ (como se de esmolas se tratara, en troques de procurar a xustiza social), quizáis non esteña de todo craro. Para min, sostible, mantible,…

  • Somos ricos

    Publico isto o mesmo día que sae na prensa a nova da reforma da constitución que di algo parello a que non nos fai falla endebedarnos … en Ribadeo, había un pavillón vello, e haberá un novo (non outro máis, senón sinxelamente, outro). Un cambio, no que hai montóns de cascallos para aproveitar, e varios…

  • Cambios ‘de última hora’

    Hai xa varias semanas que se puxo data, 20N, para o próximo cambio político. Os comentarios indicaban que a lexislatura estaba rematada. Pois non. O primeiro, manifestouse branco sobre negro algo que se colara sen detección nin comentario subseguinte por parte de ninguén coñecido (alomenos, por min), unha variación na lei que indica que os…

  • De alén o mar

    Collo só un retazo dun escrito de Warren Buffet, que por anos ten figurado no 1º lugar de ricos a nivel mundial. O pensar sobre o escrito (coido que W. Buffet e eu non temos as mesmas ideas) vai pola túa conta. “O ano pasado a miña conta do imposto federal – o imposto sobre…

  • Un mundo que se acaba

    A conto da espiral de desastre financieiro que pasa á economía e á sociedade e retorna facendo máis insostibles as finanzas, ocórreseme facer unha predicción: en España en xeral, e en Galicia en particular, o ano 2011 terá unha estatística de menor crecemento vexetativo que 2009. Medrará menos, co que a bomba demográfica nestes lares…

  • De novo, tormenta

    Este verán está habendo un tempo raro por Ribadeo. Tormenta, o que se di tormenta, non hai. Sol, a ratos, e, a maioría, nubes. Pero a outros niveis, hai tormentas, mesmo contínuas. Por exemplo, a nivel político, unha tormenta lonxana, pero na que está metido Ribadeo a traverso do seu alcalde: cunha maioría nos plenos,…

  • Un porto cerrado / un porto aberto

    Entrada correspondente á semana pasada, quedou sen subir por un erro Un esceario, unha pequena expo de vehículos novos, un trailer-bar, e o paso cerrado Un porto debe ser aberto. Iso penso. Un evento como a Transgascogne amosa como de aberto pode ser. Pero ó tempo, en Ribadeo vivimos dende hai anos nun temor de…

  • Unha ollada ó pasado

    Para procurar un dato sobre Hernán (co que rematei poñendo algo máis na rede sobre el), andiven mirando vellas Comarcas e Mariñas. Atopei cousas moi curiosas vistas da perspectiva de hoxe. Un par de exemplos: “El Ayuntamiento de Ribadeo comprará la vieja aduana”, nova na Mariña de La Voz o 19940316, axustando como subtítulo unha…

  • Na periferia, da periferia, da periferia, …

    De pequeno, e logo con pequenos, teño xogado a dicir onde estabamos ou onde viviamos. Si, xogado, pois tratábase ó fin de construír unha xerarquía do tipo: vivo na porta C do 8º andar do nº 89 da avda. de Asturias da parroquia de Sta María do Campo do Concello de Ribadeo da comarca da…