-
Valorando 2011. Máis
Despois de falar do tempo, do intrascendente, quedaría a charla máis ‘trascendente’. E resulta que, a pesares do cedo que é no ano, deume tempo a ver que a nivel España hai moitas valoracións punteiras (á beira doutras que non o son, claro) como a de Miren Etxezarreta, que acompañada nunha páxina en papel por…
-
Isto non é o ‘Xoán sen medo ou o zapateiro valente’
Para quen non lembre o conto do zapateiro valente, un pequeno resumo é que un zapateiro que non daba matado nin unha mosca, un día, nun golpe de sorte, matou cinco, e comezouno a contar moi ufano cando estaban na procura dalguén que se enfrontara a un xigante que ameazaba no reino. Unha cousa levou…
-
a voltas cun dos ‘xacementos de ouro máis grandes de Europa sen explotar’
Asturgold está xa facendo catas en Tapia. E o concello de Tapia, seguindo a liña mantida polos veciños dende hai anos, quere paralizar os traballos. A día de hoxe aínda non ten aparecido ningunha nova do confilto na web do concello. Si, en cambio, na web de Asturgold/Exploraciones mineras del Cantábrico hai unha entrada de…
-
Un ‘experimento mental’
Onte, debate de investidura. Collo do blog Im-puso que Rajoi aportou intencións, non decisións, poñendo da miña colleita que en boa parte iso é o que se soe facer nestes casos, e máis tendo unha maioría absoluta de deputados. Poucas novidades sobre o esperado; se cabe, a maior, a intención de voltar a poñer patas…
-
Recortes e aumentos
Quedaron onte en pasarme unha foto da concentración no IES Porta da Auga realizada polos profesores como manifestación contra os recortes que estamos a vivir na educación pública. Non ma pasaron aínda, e esta entrada irá sen foto. Así, sen ilustración, ven sendo como unha imaxe a ínfima escala do que está a pasar na…
-
Consello de contas, e outro tipo de contas.
Unha amiga pasoume a referencia para chegar ó seguinte: *Provincia – Tipo entidade – CIF – Nome – Data remisión * *LUGO-CONCELLO- P2705100B-RIBADEO-21/11/11-Fora de prazo * é dicir, o concello de Ribadeo enviou as contas fóra de prazo, como pode verse aquí. É unha web curiosa, esta do consello de contas. Por exemplo, a táboa…
-
Morosos
Mentras un galo lonxano declama dende hai algún tempo, o mesmo que día tras día dende hai máis dun mes, leo na prensa a morosidade de Ribadeo e lembro débedas xa sabidas do noso concello. Hai tempo (moito, mesmo en épocas de vacas gordas) que ven arrastrando pagos a empresas e particulares, de xeito que…
-
Xolgorio popular!
Entre 9 e 10ºC no exterior, unhas 1 200 persoas agardaron a que se completara o sorteo dos vales de ACISA onte na carpa do parque, que por outra beira, deixara xa de expoñer a mercadoría dous días antes. Só Amadores da Música e os amigos do antroido levaban unhas horas tentando promocionar e sacar…
-
Aforro
Por esta, de electricidade. Substitución de lámpadas por outras de máis baixo consumo (é a segunda rolda que se fai neste sentido, despois de ser substituídas as de filamento; as últimas eran amarelas, segundo se pode ver aínda nalgunha rúa), apagado antes, por tramos, e non uso dalgunhas. É certo que se ven as rúas…
-
Unha pequena reflexión sobre flexibilidade e firmeza, competencias e competencia
Unha noticia da prensa de onte indica que a Deputación rexeita que Foz gaste os cartos do proxecto do xeriátrico en servicios sociais. Como non sigo exactamente a secuencia, non podo dar detalles nin xulgar moi a fondo. Aínda así, hai algunha cousa para reflexionar. A primeira, sobre importancia relativa de necesidades e a súa…