Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.455 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • Un resume sobre o capitalismo

    Fáino Félix Soria no seu blog en na Voz de Galicia, resumindo as liñas fundamentais dun libro, “23 cosas que no te cuentan sobre el capitalismo“. Ía copiar á miña vez as liñas fundamentais do resume, pero prefiro que quen queira vaia ó artigo de Félix …

  • Herdanzas

    Onte deuse parte do poder na antiga Caixa NovaGalicia ós herdeiros de quenes o ostentaban, que saíron obrigados cunha boa paga, despois de elixir ós seus sucesores, que a prensa tildaba de homes (unha muller e un home) da súa confianza. E, en Ribadeo, o concelleiro de Medio Ambiente anunciaba otra herdanza ben diferente: máis…

  • Unha agresión, unha manifestación. Polo momento

    Collo a imaxe de Angel Alda. A Manifestación a favor dunha vida laboral digna, contra unha reforma que escraviza ós traballadores. Madrid, hoxe.

  • Rebaixas sen fin

    As rebaixas de inverno pouco a pouco van tocando ó seu fin. As que non o fixeron, pronto rematarán. Mais hai algunhas rebaixas que non parecen ter fin. así, hoxe aparece na prensa que a cualificación da débeda de Galicia ve rebaixado o seu creto dous niveles por unha das axencias de cualificación de débeda.…

  • Anuncios

    Inxerencia! Inxerencia? A ONU pide a España máis seriedade despois do de Garzón. Non é que crea que na ONU non hai intereses e xerarquía de mando, pero non deixa de ser outro indicio máis (se fixera falta) de que algo non funciona por estes lares xudiciais (e políticos, e económicos, …) Materia para reflexionar…

  • En Ribadeo

    Con días de retraso dou cabida a axenda cultural que recibín (hai uns 10 días, coido que por fin a primeira antes de que comezara o período correspondente). Lembro que se pode ampliar para ser lexible. E é que en Ribadeo, hoxe, a nova que se comenta na rede é Garzón. A súa sentencia, o…

  • Vai sen fotos, pero quero constatar que algo se moveu

    O domingo participei na última acción do grupo da Mariña e Occidente do 15M. Esquecín levar con que tomar algunha foto, e as prometidas aínda non me chegaron, polo que esta entrada vai sen fotos. Se alguén quere ver algunha, pode referirse ós xornais, por exemplo, aquí, ou ó grupo en facebook. O caso é…

  • A liquidez impulsa as accións

    No suplemento económico de El País, onte, aparecía un título como o desta entrada. A primeira imaxe que se me viu foi unha (nova) inxección de cartos, voando por riba da xente, para ir a parar a aumentar o prezo das accións. O artigo pódelo ler calquera, aínda existen bibliotecas se non se atopa en…

  • Inventando o futuro? un par de cousas de Evaristo Lombardero

    Despois da entrada anterior sobre inventar o futuro, recibo isto de Evaristo Lombardero (que trata tamén de inventar o futuro, pero noutro xeito ben diferente): ¿APROVEITADO OU RENOVADOR? Quen ésto asina denunciaba, hai 15 días, que un alcalde de A Mariña tiña contratada unha empresa de publicidade, a cargo do concello, para facerlle fotos en…

  • Sen páxina oficial, sen bancos, hai que inventar o futuro

    A páxina web do concello onte pola tarde estaba caída, e esta mañá tamén. Sinxelamente, non se podía conectar. O primeiro que se me pasou pola cabeza foi un impago do sitio ou do aloxamento, pero coido que nese caso aparecería unha nota dicindo que o sitio estaría libre ou algo polo estilo, e non…