-
Curiosidades políticas a voapluma
Onte, nun momento que escoito a tele: (referencia na miña mente: España é o 3º país de Europa en desigualdade – isto xa o sabía de antes, non saiu onte) As enmendas do PP á lei do traballo son citadas por ser presentadas fóra de prazo. Decidirá a mesa do congreso sobre se as acepta…
-
a nosa saúde: fáigome eco
Fáigome eco dunha entrada, que copio abaixo literalmente, do blog Facendo Camiño: O pasado 22 de setembro do 2011 o Presidente da UE asinaba o Reglamento de Execución nº 942/2011 polo que se establece a non aprovación da substancia activa Flufenoxurón, de conformidade co Regulamento relativo á comercialización de produtos fitosanitarios. A denegación desa aprovación…
-
A voltas co Titanic. Unha semellanza coa actualidade
Xa pasou o centenario do afundimento do Titanic (foi onte), pero a realidade é que seguimos a afundir o buque. Non só polas celebracións correspondentes (en Ribadeo, por exemplo, cun ágape querendo imitar o último celebrado no barco) senón tamén pola seguridade no mar e por detalles como o tratamento dos pasaxeiros. Así, se collemos…
-
Vivir é un risco, non humor negro
Sabiamos todos, ata onte, que vivir é un risco, pois ó fin, mentres estás vivo sempre te podes morrer. O que non sabiamos é que temos risco suplementario, o risco financieiro. Unha nova ensinanza do FMI. O que da de si a información é iso: coñecemento. Neste caso, coñecemento de que para as finanzas a…
-
1982, un artigo feito para o libro das patronais de 1999
1982 As próximas eleccións serán as últimas nas que non participe xente non nacida antes de que a miña muller e mais eu nos instaláramos en Ribadeo, o 27 de setembro de 1982. Dende aquela, nós cambiamos (ti que estás a ler, tamén). E Ribadeo. As persoas teñen xuventude, madurez, vellez… os pobos poden rexerarse.…
-
Precisando sobre a crise: O interese persoal vístese de interese comunitario para convencer mentras non ten potencia para impoñer
A conto dun comentario recente, unha precisión: non é necesaria unha teoría da conspiración para explicar as decisións que nos levaron á crise e nos seguen metendo con forza nela. Pode que dera outra impresión nalgún post, pero a organización e decisións arredor das ideas pode ser un organizador máis forte que a dirección centralizada.…
-
750 Ha + …
Máis de 750 hectáres queimadas. Isa era a conta anoite, o que traen os medios esta mañá. Adeus a boa parte das Fragas do Eume. 750 Ha son 7,5 km2, é dicir, case 4 km x 2 km, que se suman á destrucción dos acuíferos (cántas fontes quedan fiables?), a contaminación mariña (Do Prestige ó…
-
Será bo título?: Pasou a tontería necesaria
Non creo que onte moitos dos que secundamos a folga non a consideráramos algo así como unha tontería necesaria, sabendo que é necesaria unha resposta para amosar que non soportaremos que nos rouben indefinidamente, e respostando así nunha escolla de posibilidades coa que non se está satisfeito por ver as súas limitacións. En Ribadeo, había…
-
Listado críptico: Publicación do listado de facturas certificadas do Concello de Ribadeo en virtude do RDL 4/2012
Na páxina do concello aparece hoxe a publicación do listado de facturas certificadas do Concello de Ribadeo en virtude do RDL. Animo a botarlle unha ollada. Abaixo deixo as cinco primeiras liñas como mostra: 20800607/B 502057432 750,00 22/04/2008 P 2008 1 00691602S 300,00 11/07/2008 P 2008 050940/1 06166173B 84,25 23/04/2010 P 2010 23 09423055R …
-
Viva la Pepa! en Ribadeo, hoxe: 15M e folga
A Pepa, a Constitución de 1812 emanada das Cortes de Cádiz, está o luns 19 de marzo de cumpreanos. A primeira constitución / norma xeral non emanada en España de orde real. Un paso adiante que se veu abaixo ós poucos anos pola invasión que representaron os fillos de S. Luis, reclamados polas forzas reaccionarias.…
