Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.394 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • E armouse o belén

    Coido que non é a primeira volta que falo de beléns no blog (por exemplo, aquí-2008, aquí-2012 ou aquí-2010). Coa chegada da época, de novo armouse o belén: http://ysearmoelbelen.blogspot.com.es/. Ribadeo, de mans da sociación belenista, estase a converter en terra de beléns. Este ano, a parte do xa antigo da Terceira Orde, está o de…

  • Ja! Ou o riso do control financieiro.

    A ver: Créase un banco malo para xestionar activos con perdas, e resulta que non é banco nin é malo, segundo a ministra. Ata aí, vale. Resulta que tampouco é público, e que os seus directivos, postos dende o ministerio, poden cobrar tranquilamente os seus 0,5M€, porque teñen limitado o soldo, que se non… Pero…

  • O plan perfecto: pagar para vender

    Hoxe a portada da Voz é clara: o banco Novacaixagalicia val -3091 M€. O seu significado, tamén: haberá que desprenderse de 3091 M€ (+1 €) para quedar a pre e que alguén se faga con ela. Outros tres mil millóns máis [nota: máis de mil euros por cada galego], … e segue sen pasar nada.…

  • Estados Unidos estimulará a economía ata que o paro baixe do 6,5%

    Será nova? Non é unha inocentada? De feito, a nova é do día 12 e ata hoxe deixeina gardada por se había desmentidos … Non os houbo, pero tampouco se lle deu moito aquel por estes lares… Debe ser por incredulidade respecto do que está a pasar na chamada ‘pel de toro’, na que segundo…

  • De fóra

    Si, polo momento, en Ponte Caldelas. Recollo a nova do blog de Piratas de Galicia, e acepto mesmo o seu comentario. Máis aló de cuestións éticas, a mensaxe? Quizáis algo así como ‘merca e pode que te merquemos’. Por esa orde, claro: consume, e logo xa disporemos. A túa vontade xa a temos de comezo…

  • Sobre unha barreira en Ribadeo

    Unha pequena historia… Dende a construción do ferrocarril da costa, ten habido un paso a nivel  nos Garitos, ata que con bo criterio, decidiuse substituílo por un paso inferior. Entón desviouse a estrada, que antes transcorría segundo a liña vermella, a un trazado semellante ó da liña verde, baixando o nivel da calzada e subindo…

  • Si la Nación es pobre, vivan pobremente el rey y sus ministros

    Corto e pego un post direitamente de http://representacionrealya.es/?p=33, ó que cheguei por unha ligazón nunha rede social, que xa non lembro. A ter en conta que a seu paso por internet é de xullo do 2011, logo xa vello, e a súa historia, moito máis. Xulga por ti: “Hay en la actualidad, mi querido Alfonso,…

  • Sobre a venda de leite, valor … en perspectiva diferente

    A conto dunha gráfica sobre o prezo do leito en Galicia estes últimos anos, que traía onte La Voz de Galicia, e outra da mesma fonte sobre explotacións gandeiras, collín os datos, procurei o ipc galego na web do INE, e construin un par de táboas diferentes, con datos que non se soen amosar así……

  • A plataforma “ORO NO” fai público o informe da Confederación Hidrográfica do Norte que sinala “GRAVES DEFICIENCIAS” do estudo de impacto ambiental considerándoo “INSUFICIENTE”

    A mina de ouro de Tapia vai adiante nun novo acto político/administrativo fortemente contestado. Mentras, os gandeiros están en folga de entrega de leite, o máis semellante que poden facer ó ‘parar as máquinas no sector industrial, dado que unha vaca ‘non se para’ e se ‘volve a conectar’ cando se quere … A gandeiría…

  • Estatística dun desastre

    Aproveito datos que traía onte La Voz para facer un par de gráficos:  Coido que está claro que entre o 2003 e 2005 houbo unha importante merma na cabana de vacuno de leite na comarca. A partires de aí, a situación case se estabilizou, mesmo cun pequeno crecemento no 2008, no que houbo unha punta…