-
Xa non. Outra vez si.
Onte, o Juanín, a lancha que foi de Calvo Sotelo e que decora a glorieta do xardín, tiña iluminación, pero xa non foi encendido. As rúas conservaban algún detalle de luz, pero apagado. Os villancicos xa non soaron antonte. Estamos xa no que non debera ser normalidade, igual que os días pasados, pero noutra anormalidade.…
-
Beneficios por empregado
Onte un xornal de distribución estatal facía un comentario de varios ‘casos de éxito’, empresas que están ganando cartos coa crise. En xeral, empresas grandes, e non do sector financieiro. Poñía datos de varios anos, de facturación, beneficios e número de empregados, finalizando no 2011. Botei en falta unha columna máis, o beneficio por empregado,…
-
Relendo a nova de hoxe
A nova de hoxe son as estatísticas do paro. Por exemplo, no El Progreso, temos ‘o total de desempregados a peche de 2012 situouse en 4.848.723, un 9,64 % máis respecto de 2011’, ‘426.364 persoas’, ‘a Seguridade Social pechou 2012 con 16.442.681 afiliados medios, o 4,57 % menos que un ano antes (787.240 persoas)’, datos…
-
RIP FEVE
Descanse en paz. Coido que a nova, do fin do 2012, pode representar o maior cambio para este 2013 en Ribadeo e cara ó futuro. A empresa ferrocarrís de vía estreita deixou de existir con data 31 de decembro de 2012, disgregados os seus anacos en xeito diverso entre RENFE Operadora e ADIF, tal como…
-
E armouse o belén
Coido que non é a primeira volta que falo de beléns no blog (por exemplo, aquí-2008, aquí-2012 ou aquí-2010). Coa chegada da época, de novo armouse o belén: http://ysearmoelbelen.blogspot.com.es/. Ribadeo, de mans da sociación belenista, estase a converter en terra de beléns. Este ano, a parte do xa antigo da Terceira Orde, está o de…
-
Ja! Ou o riso do control financieiro.
A ver: Créase un banco malo para xestionar activos con perdas, e resulta que non é banco nin é malo, segundo a ministra. Ata aí, vale. Resulta que tampouco é público, e que os seus directivos, postos dende o ministerio, poden cobrar tranquilamente os seus 0,5M€, porque teñen limitado o soldo, que se non… Pero…
-
O plan perfecto: pagar para vender
Hoxe a portada da Voz é clara: o banco Novacaixagalicia val -3091 M€. O seu significado, tamén: haberá que desprenderse de 3091 M€ (+1 €) para quedar a pre e que alguén se faga con ela. Outros tres mil millóns máis [nota: máis de mil euros por cada galego], … e segue sen pasar nada.…
-
Estados Unidos estimulará a economía ata que o paro baixe do 6,5%
Será nova? Non é unha inocentada? De feito, a nova é do día 12 e ata hoxe deixeina gardada por se había desmentidos … Non os houbo, pero tampouco se lle deu moito aquel por estes lares… Debe ser por incredulidade respecto do que está a pasar na chamada ‘pel de toro’, na que segundo…
-
De fóra
Si, polo momento, en Ponte Caldelas. Recollo a nova do blog de Piratas de Galicia, e acepto mesmo o seu comentario. Máis aló de cuestións éticas, a mensaxe? Quizáis algo así como ‘merca e pode que te merquemos’. Por esa orde, claro: consume, e logo xa disporemos. A túa vontade xa a temos de comezo…
-
Sobre unha barreira en Ribadeo
Unha pequena historia… Dende a construción do ferrocarril da costa, ten habido un paso a nivel nos Garitos, ata que con bo criterio, decidiuse substituílo por un paso inferior. Entón desviouse a estrada, que antes transcorría segundo a liña vermella, a un trazado semellante ó da liña verde, baixando o nivel da calzada e subindo…