-
Non importa: turismo destemporalizado
O concello hai tempo que leva dicindo que quere un turismo desestacionalizado. Coido que considerando os fines de semana, a desestacionalización vai por bo camiño. Agora preve un novo colapso na praia das Catedrais, que xa hai tempo que está recibindo abondos visitantes dentro deste mesmo ano. E isto, a pesares da temperie que fai…
-
O futuro económico de España
Un título moi rimbombante me quedou … quizáis para compensar o cariz da entrada. Só ven a conto que me atopei días pasados cun dato que xa coñecía pero que me fixo pensar. Na actualidade, a débeda española, tanto privada como pública, anda rondando o 400% do PIB, é dicir, por cada euro que se…
-
Asamblea da Asociación Puente de los Santos 2013
Onte xoves 27 de xuño tivo lugar a Asamblea anual da Asociación Puente de los Santos. Como cada vez vai menos xente, houbo dificultade de quorum que se solucionou ó final, comezando máis ou menos en tempo, contra o que pasara a última asamblea (2012). Algo que foi lembrado porque nesa última vez fixen que…
-
Paro en Ribadeo (ou noutra vila)
A semana pasada un amigo púxome nas mans unha interesante ligazón. A partires dela, por exemplo, cheguei a ‘desemprego en calquera cidade’, e probei con Ribadeo. O resultado: O caso é que levando o rato a calquera punto das gráficas da os parados nese momento (trimestral); así, o paro total en Ribadeo resulta, unha vez…
-
Sobre un indicador económico
Hai uns días, o venres, vin na Voz de Galicia unha táboa que me chamou a atención. Estaba asociada á nova ‘o ritmo de creación de empresas repunta en toda España‘ (táboa non reproducida en internet). Con algo máis de tempo, fun ampliar a información ó INE e completala coa poboación correspondente e cunhas sinxelas…
-
Que son 10 €?
Si, que son 10 € para conseguir unha boa causa? Algo así debe pensar o Presidente Feijoo, cando leva invertido 10 € por cada galego en propaganda dende que accedeu ó cargo. Como a cita está en castelán, collo as definicións en galego da RAG e en castelán do DRAE: “1. Actividade organizada para difundir…
-
1 de maio. Falemos do tempo
Comezou o día chovendo en Ribadeo … un día calquera, dun ano calquera, no que as persoas seguen a sufrir, a ver esmagado o seu futuro, mesmo nalgúns casos, a obnubilarse coas causas e os efecto, trastocando non só efectos e causas, senón tamén culpables e afectados, nun relativismo de areas movedizas. O tempo? frío…
-
Axuda prosubvención
Neste país estamos vendo de todo. A cousa agravouse dende aquela cando os titulaes eran uns poucos miles de millóns de pesetas, cando escribira un artigo na Mariña/El Progreso titulado ‘Corruppción ou corrupsoe?’ (aínda sen subir á rede, e xa vai varias veces citado do mesmo xeito). Hoxe a cousa elevou a súa magnitude, e…
-
A débeda de Ribadeo
Remato de atopar na rede a ligazón a unha web onde se da conta da débeda dos concellos de España. Pódese procurar Ribadeo, e segundo os datos que alí aparecen, ten unha débeda por habitante de 278 €, case a terceira parte da media (744 €). Lugar en débeda/hab. entre os concellos de España? 3107.
-
Ouro: Argumento de autoridade
Dende hai unha tempada, as novas, vía relacións cos medios de Asturgold, veñen sinalando que un ecoloxista uniuse á compañía e está dando o seu respaldo ós proxectos, entre eles o da mina de ouro de Tapia, saíndo neste caso nos medios asturianos e galegos cada dous por tres ben publicitado. O último acto,…
