Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.394 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • Un soldo manipulable

    Onte vendo unha nova en La Voz de Galicia decidín cambiar a impresión que daba: “La congelación del salario mínimo ensancha la brecha con Europa”. Si, o titular é certo. A ilustración que acompañaba, en cambio, pareceume moi suave: O primeiro, cos datos, fixen unha táboa, e calculei o custe de cada cousa poñendo o…

  • Iniciativa para dinamizar… e desfrutar do traballo de venda e comercio de Ribadeo

    Hoxe vai algo de Ribadeo que me chamou onte a atención: quen fai a decoración das bolsas cónstame que o fai por gusto, pero non por iso deixa de ser un modo de aproveitar o tempo creativo non só en sentido artístico, senón de promoción dun negocio. A primeira bolsa ten unha decoración máis convencional,…

  • E a luz fíxose para iluminar estes tempos

    Remato de ler en Crónica 3 o artigo Foz: 105 anos con luz. Hai anos (coido que polo 98, pero non din procurado referenzas) pasei pola exposición ‘E a luz fíxose’ en Santiago, conmemorando os cen anos da instalación de luz electrica na cidade. En Ribadeo non coñezo a historia correspondente, pero ten que andar…

  • Beben y beben y vuelven a beber

    Beben y beben y vuelven a beber, los peces en el río … a razón dunhas cantas veces ó día durante un par de semanas (alomenos) os últimos -moitos xa- anos, iso é o que dicía unha e outra volta a panxoliña. Os peixes deben estar xa afogados. Ó comezo deste último conxunto de sesións…

  • Falando da pirámide

    Hai unha semana saía na parte salmón do El País o gráfico que aparece ó final, a pirámide de poboación en España na actualidade e a esperada para dentro de dez anos. A nova na que estaba encadrada tentaba dicir que a española é unha poboación con tendencia ó envellecemento, e o que significa de…

  • Renda básica universal

    Pásanme o aviso de que hoxe, xoves 20131219, ás 20:00, no salón de actos da Casa do Mar, haberá un acto informativo sobre a renda básica universal. Nun comezo estaba previsto que participaran Roberto Porras, do ‘colectivo Alambique-Baladre‘, e Eva Solla, de AGE, pero esta última, por mor dun accidente, non estará. Quédanme varias ideas…

  • 27 de setembro, día da Constitución

    Lanzo unha proposta, que o día da Constitución pase a ser o 27 de setembro. O 27 de setembro de 2011 entrou en vigor a reforma da Constitución, pola súa publicación no BOE. A última, na que o povo, nós, non tivemos voto porque non nolo deixaron exercer. Cambiouse o artigo 135. O ‘novo’, xunto…

  • Unha ponte á nada

    Lembran vostedes  a Asociación Puente de los Santos (ou aquí, a última asamblea), coa súa derradeira acción, unha plantación de froitas silvestres comandada polos concellos de Ribadeo e Castropol a cargo de subvencións (cartos públicos, de todos, via Europa), da que xa teño falado no blog? As fotos a continuación foron tomadas onte na plantación…

  • O banqueiro anarquista

    Fernando Pessoa non era un calquera. Sabía o que escribía. E entre outras cousas, ten unha obriña que recomendo, máis aínda, nestes días: O banqueiro anarquista. Tranqui, é curta. Tranqui, non é pesada. Despois dos avisos, unha pequena pregunta: hai alguén que faga máis por chegar á anarquía nestes tempos que vivimos que xente como…

  • Desprestixio

    Hai desprestixios inmediatos e hai outros ganados a pulso, durante tempo. Pertencen a categorías diferentes. Os ganados a pulso son a suma de accións que van aumentando o desprestixio, algo así como un desprestixio composto. Algo que se consolida no tempo e sobre o que logo é moi difícil que cambien as ideas, porque se…