Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.394 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • Menos mal que a marea sube e baixa. Miguel Gutiérrez Sampedro

    Publicado a comezos de maio de 2014…

  • Xestión silvestre

    Arándanos e outros froitos silvestres era o que se esperaba que produxeran dúas fincas (unha en Castropol-Arnao e outra en Ribadeo-A Devesa) regadas con cartos europeos a traverso da Asoc. Puente de los Santos. Coido que xa dixen abondo noutros lugares, reconstruíndo unha pequena historia da que deixo ligazóns embaixo. Agora sae na prensa, que…

  • As Catedrais: unha praia?

    Estes días estívose a falar da praia das Catedrais. Boeno, pode que sea bo dicir do Monumento Natural das catedrais. Ou do Cantil das Catedrais… entre outras posibilidades, como o maná das Catedrais. As discusións levaron como fondo a crítica, liderada polo alcalde, á Xunta de Galicia (aquí, o vídeo correspondente de 2013, e aquí,…

  • Unha dun par de cousiñas. Unha feira

    Focalizando na Semana Santa ribadense, máis aló das procesións, a temperie ou do pobo cheo, con marca de ocupación hostaleira, quedariame en dous fenómenos ben diferentes. Un, a saturación ‘alucinante’ da praia das Catedrais polas visitas, con colas ata a autovía ‘e máis aló’. Outro, a Feira multisectorial de Ribadeo, primeira edición. Pola súa diferenza,…

  • Ánimo

    Onte houbo un accidente en Ribadeo. O venres, a presentación na Casa das letras do libro ‘Pegadas na historia de Ribadeo’, que espero colgar pronto en internet des pois de ter o permiso do seu autor dende a presentación no IES de Ribadeo. Cousa máis ou menos normais nun lugar como Ribadeo. Falaba hai poucos…

  • Dignidade e difusión

    Non é a primeira volta que sinalo que temos demasiada información. Que, de feito, nós mesmos a restrinximos para poder nadar sobre ela. Pero unha cousa é que a restrinxamos nós, cos nosos criterios, e outra cousa é a censura externa da información que nos pode chegar (por suposto, a máis das informacións dirixidas, interesadas…

  • E a suba do gas, para cando?

    Hoxe, esta tarde ás 8 na casa do mar de Ribadeo, estou invitado a unha charla sobre a reforma das pensións, ó igual que toda a cidadanía que o desexe. Procurarei ir, promete ser interesante o que se presenta como unha presentación do libro ‘A batalla das pensións’, que no seu subtítulo alude á privatización…

  • Arándanos en Ribadeo: unha pequena reportaxe fotográfica

    Por unha casualidade, vou poder corrixir a posición que asignei como posible á finca alugada á Cooperativa os Irmandiños polo concello de Ribadeo para a plantación de froitos silvestres, auspiciada pola Asociación ‘Puente de los Santos’. Coido que queda claro na foto, atravesada pola N634: na parte superior, a rotonda que liga a N634 coa…

  • Revisando un artigo de hai máis de dous anos sobre a crise

    Crise financieira, ambiental, social, política… Mirando este artigo de hai máis de dous anos, reseñaría dúas ideas: “Al contrario de cualquier otro empresario o profesional, la élite financiera sabe que hay escasa probabilidad de que tengan que pagar por sus errores. Y donde no hay castigo, no hay aprendizaje.” “(…) es necesario aprender la lección…

  • Post asociación cara a un furado

    Coido que non é a primeira nin a segunda vez (por darlle números, a última foi ‘unha ponte á nada‘) que falo da Asociación Ponte dos Santos, constituída para aproveitar cartos europeos para a zona de Ribadeo e Castropol. Nas últimas, alertaba sobre o seu final e un proxecto de plantación de froitos silvestres en…