-
Pensamentos lixeiros para agosto: a autovía do bo día/ Bo día? Autovía!
A8 soa como moi tech. Por que non chamala ‘autovía bo día’? Ó fin, se está mal día, estará cerrada, e se está regular, tamén. Fai como de indicador de bo tempo. Para que mirar a información meteo? Date unha voltiña ata ‘a zona que ti xa sabes de autovía’ e solucionado: está aberta? Bo…
-
Pensamentos lixeiros para agosto: (novo) plan xacobeo
Hoxe aproveitei a oportunidade de botarme un ‘La Nueva España’ ó garete. Coido que pode dar moito xogo no futuro o que fun albiscando entre as súas páxinas. De pronto, atópome non menos de catro artigos sobre o xacobeo, a máis de otear que un deles é o décimo terceiro dunha serie sobre o camiño…
-
Sobre o pasado e o futuro. Pesca e Ribadeo
Unha das novas de hoxe é sobre a confraría ribadense. O xornalista pinta un futuro que non está claro. a confraría é a máis pequena da Mariña, aínda despois de xuntarse Rinlo e Ribadeo. Ten “unha mariscadora de a pé, once percebeiras, sete tripulantes de barcos e seis donos de lanchas artesanais”. Vintecinco asociados con…
-
Ribadeo indiano
Como estaba previsto, un éxito de público e ambiente, coa porcentaxe adecuada de xente caracterizada e ‘público’. Fotos? A moreas! Mira por exemplo este album no facebook. Dos que colaboraron con Galicia, por que non saber algo máis? Ou, dos indianos que quedaron aló, por que non saborear algo do Uruguai? Anterior do Ribadeo indiano:…
-
O éxito está asegurado
E case tamén se pode asegurar que non será a única promoción ‘de época’ na que se embarcará Ribadeo. A xente ten ganas de ‘panem et circenses’ que dicían os romanos, e máis se as dúas cousas están relacionadas, como ocorre nas festas que se celebran ad hoc para obter caixa (non para facer unha…
-
Abanca
A marchas forzadas Caixa Galicia convertiuse en Abanca. A marchas forzadas uníronse as caixas; apretando o paso, foron convertidas en banco. A bote pronto, o pouco que se lle podería chamar control galego pasou a mans venezolanas, e agora os restos do nome remataron por sucumbir. No medio tamén quedou parte do persoal, oficinas e…
-
Non se pode ser os mellores en todo…
Antonte mesmo un par de novas facían brotar outro par de notas do concello: a hostalería ribadense estaría nunha web clasificada como o segundo destino de calidade a pé de praia en España, e ademais, o incremento de reservas hostaleiras implicaría que este ano farase o agosto. Prácticamente ó tempo, dúas novas recibían moita menor…
-
Ven en tren ás catedrais!
O alcalde de Ribadeo desempolvou unha cuestión que leva tempo, moito tempo, con teas de araña: a variación lixeira da liña de FeVe para viaxeiros. Que eu saiba, a última variación rematada na liña Ferrol-Xixón foi de abondo máis calado, a que se fixo para a planta de Alúmina-Aluminio. É dicir, aproveitamento industrial. E diso…
-
Unha curiosidade sobre a asociación Puente de los Santos
A conto dunha nova sobre a Asociación Puente de los Santos e a súa iniciativa ‘Un puente a tu salud 2.0’ (Sólo una empresa quiere las fincas de arándanos de Ribadeo y Castropol), en relación coa que teño falado moitas veces (por exemplo, últimamente, aquí), descubro a web da asociación con 360 visitas esta mesma…
-
Para un resume da finde ribadense
De novo, Ribadeo era unha festa. Irresumible en conxunto, só unhas pinceladas para deixar constancia dalgúns detalles lúdicos, comerciais ou mesmo relixiosos: * de novo o pobo encheuse e fixo bo tempo para pasear e paseouse * mercado de rúa o sábado, con rúas variopintas e xente curioseando * contra a violencia machista, xornadas feministas.…
