Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.394 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • E ti, sabes como se administra Ribadeo? Un caso: gasto en limpeza

    Faigome a pregunta de xeito recurrente. Cada pouco hai novas, feitos… que a desencadean. Sabes como se administra Ribadeo? Como se toman as decisións, quen as toma, en base a que, os recursos que implican, de onde se obteñen? E evidente que non podemos saber de todo. Pero se queremos vivir e exercer unha democracia…

  • Galicia: operación acordeón e síndrome de Estocolmo

    Sorrir ou chorar? Loitar! Comezo pola conclusión e paso ós datos. Dun só feito, pois podería procurarse outros moitos coa mesma ou semellante conclusión. 2014, ano sen eleccións: a Xunta eleva un 34% o canon de SoGaMA. 2015, coas municipais e as estatais á vista: a Xunta rebaixa un 10% o canon de SoGaMA. Variou…

  • Conexión Asturias

    Dende Ribadeo pobo estamos afeitos a que cousa da metade da nosa mirada sexa para Asturias, coa ría por medio. O ser unha punta do que abrangue na actualidade a administración autonómica galega lévanos a iso. Xa non se trata do enganoso ‘primos irmáns’ cos asturianos, nin de esgrimir a historia para lembrar a extensión…

  • Comezan os premios ó consumo. Ribadeo capitanea A Mariña.

    Unha, a principal, das características do Nadal actual é a comercial. Por iso os premios ó consumo (por exemplo, sorteos ligados co consumo, con papeletas repartidas en función da compra feita) compiten cos premios para o consumo (lotería tradicional que será empregada en incremento do consumo). Como é moi empregado nesta época na que nos…

  • Ribadeo e o paro

    Esta semana que vai rematar foi a que se deu a coñecer o informe da Consellería sobre o paro en Galicia. Como resultado, os xornais fixéronse eco da nota da consellería e dixeron algunha cousa sobre o paro na zona, en xeral centrados no cambio de mes en cada concello, pois iso é o que…

  • O goberno non te avisa: non terás trato de favor no prezo da enerxía

    Parafraseo no título o título dunha nova de onte mesmo sobre que Alcoa foi avisda de que non terá trato de favor no prezo da enerxía elećtria, o xa ten producido, á súa vez, un comezo para un despido colectivo. Por partes: a ponte dos Santos está sen iluminar dende hai xa abondos meses por…

  • O convento de Santa Clara en Ribadeo

    O convento de Santa Clara ten abondo que ver. E agora pode verse a distancia, a traverso dunha aplicación de turgalicia: http://www.turgalicia.es/fotos/IMAGENES/FLASH/ARQUITECTURARELIGIOSANP/vr_14_santaclara/index.html . Son só tres estancias as así visitables, en visita encadrada na promoción dos mosteiros galegos. Xa postos, despois de recibir a ligazón para a visita virtual de Santa Clara, pasei algo máis…

  • Unha ollada non só ó Vilar

    15 de novembro de 2014. Tarde de choiva. Oito e media. No cine teatro represéntase a segunda sesión do certame de teatro Daniel Cortezón. Cousa de media centea de persoas atenden ó desenvolvemento dunha versión de O barco sen Mariñeiro, de Alejandro Casona. A min gústame. A mesma tarde, máis ou menos no mesmo momento,…

  • Pasou a tormenta

    Pasou a tormenta e deixou a algunha zona do pobo varias horas sen luz, a máis dun regueiro de avarías e aparellos queimados por toda a poboación. Certo que foi o conxunto seguido de tormentas con aparello eléctrico máis longo que lembro en Ribadeo, pero sigo sen comprender moi ben por que non se evitan…

  • Sobre as contas do concello de Ribadeo (ou non)

    Coido que se todos contribuímos ás contas do concello, deberan estar dispostas para a nosa análise. A cousa é que se están dando pasos nese sentido. Hai xa algún tempo un amigo me comentou desta web, http://www.rendiciondecuentas.es/gl/index.html , que fai un paso adiante para que podamos dispoñer desas contas para botar unha ollada. Case diría…