Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.394 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • Un paseo por Ribadeo: ribadeando

    Onte non quedei a gusto co resultado do post “Historia e coñecemento de Ribadeo“. Por iso, hoxe presento de xeito rápido un pequeno paseo de escasos oitocentos metros e algúns dos moitos comentarios que se poden facer del, coñecemento de Ribadeo e a súa historia, mesmo obviando a maior parte de observacións máis coñecidas. Comezo…

  • A unión fai a forza, e a forza…

    Non fai falla acudir a cousas como a presentación dos avais de Ribadeo en Común para manifestar o xa sabido: a unión fai a forza. Aínda así, os temas sociais son especialmente proclives á necesidade de unión para lograr esa forza que se quere. O xornal trae hoxe que un convenio das acia da Mariña…

  • Conservación da natureza, conservación de nós, desenvolvemento da zona

    Onte tivo lugar a primeira actividade do ciclo da AVV O Tesón “Visións do medio ambiente dende Ribadeo“, a proxección da curta vídeo documental “Desarrollo y vinculación del turismo con la conservación de la naturaleza”. Tanto no vídeo como despois na charla entre o público asistente quedaron patentes unha serie de liñas que estruturan os…

  • Restos en Ribadeo

    Hoxe están de moda os restos romanos na praia das catedrais. Diso falaremos, pero por hoxe, serán outros restos máis próximos á vila os destinatarios. Coñeces a praia dos Bloques? Si? Se es de Ribadeo, é posible mesmo que de pequeno xogaras e ‘exploraras’ as súas covas, antes do recheo. Agora tamén as covas estanse…

  • Alegando as alegacións

    As Catedrais está de moda. Non só pola afluencia de visitantes, senón dende un tempo a esta parte, pola realización dun plan que, visto o visto, pódese chamar malamente de conservación. O plan, da Xunta, foi presentado como anteproxecto para facilitar alegacións. con anterioridade, o concello pedía unha nova figura e a limitación de visitas.…

  • Datos e enganos (nosos)

    Adxunto un par de gráficas que saíron antonte no xornal, como aparece na imaxe. Non me vou meter con que os letreiros estean ou non en galego, nun xornal que cobra subvención teóricamente aomenos, en parte por promocionalo. Si con que, 67 anos despois da convención que recomenda a nivel mundial que os números agrupen…

  • Tres imaxes

    Tres, para os conxuntos, é un número que ten algo de maxia. É o primeiro número que racha tanto coa monotonía da igualdade como coa contraposición invitada entre diferencias. Un número necesario para manter unha banqueta estable e para facer cadrar diferencias en pé de igualdade. 1.Ribadeo, visto por riba dunha bandeira republicana. Ribadeo, Dende…

  • Medindo resultados de campañas de propaganda

    Polo que parece, a campaña de promoción turística de Ribadeo en Fitur este ano é un éxito completo. Remítome ás notas de prensa e conseguintes publicacións. Dende Ribadeo, tendemos a ver o que se fai pola nosa xente no exterior con ollos positivos. É natural. Pero a día de hoxe, a piques de rematar Fitur,…

  • Debemos berrar ‘habemus wifi’? (ou mellor, ‘non habemos bus’?)

    Século vinteún, metade da segunda década, un país supostamente do primeiro mundo, e a nova do xornal indica que haberá wifi gratuíto na estación de autobuses de Ribadeo… Por suposto, está ben que haxa wifi. Hoxe en día, é de supoñer que a estación teña máis dun ordenador, e iso xa non se concibe sen…

  • Do paro e outras estatísticas

    Nos primeiros días do mes coñécense as estatísticas do paro. En Galicia é cousa deste śeculo. E no blogue levo varios apuntes, o último, hai un mes e algo sobre as estatísticas do paro. Cos novos datos, a cousa queda como se ve a continuación, e considero que o que dixen sobre a evolución do…