-
visitando a web do concello
Hoxe achégome á web do concello despois de ler o xornal. Nunha das súas páxinas, coa cabeceira ‘Rexistro de intereses‘ aparecen publicados os intereses dos concelleiros, segundo marca a lei. Polo momento están 14, faltando tres, pero non cabe dúbida de que aparecerán en breve. Xa o mandato pasado apareceran de xeito voluntario varios, e…
-
Coñece Ribadeo
Hai programadas actividades de coñecemento de Ribadeo. Están orientadas ó turismo, pero, por que non aproveitalas a mesma xente de Ribadeo? Unhas destas actividades foron presentadas onte, as xeorutas, unha, para coñecer a xeoloxía da zona das Catedrais, e outra, relacionada coa actividade na zona de Rinlo. As xeorutas comezarán a desenvolverse o 15 de…
-
Zeltia vaise. Unha galega menos
Curioso. Unha das empresas punteiras de Galicia, Zeltia, propietaria única de PharmaMar, emigra. Imaxe corporativa actual de Zeltia A nova xa non é de agora. Estaba prevista, como se pode ver nun memorandum da empresa, datado o ano pasado. Pero, que significa? Zeltia era unha empresa química galega, radicada en Vigo e xurdida a mediados…
-
A débeda de Ribadeo. Algúns datos
Hai xa máis dunha semana que me chegou a ligazón a ‘consulta a débeda do teu concello’ en Praza.gal. Mirei e deixei pasar, pero conservei no navegador. Agora, pasado un tempo prudencial, e non vendo maior difusión, deixo os datos que atribúe a Ribadeo: 2014: 2 058,04 k€; 2011: 1 266 k€ Déixoo aí porque…
-
Mirando máis aló no tempo, sobre a crise grega
Estes días caeu nas miñas mans unha gráfica sobre impagos na historia dos estados de Europa. Hai que contar que a organización estatal noutros lugares foi en xeral abondo posterior, e aínda que en Europa tampouco todos os estados naceron ó tempo, nin tiveron a mesma continuidade na súa existencia, hai unha homoxeneidade abondo maior…
-
Autobuses ás Catedrais
Levo varios días esperando as reaccións. A resposta sorprendeume por ser nula. Hai unha semana, o xornal anunciaba que a empresa Arriva poñía unha liña de autobuses ás Catedrais. En principio, esa liña chocaría coa lanzadeira que viña facendo nos veráns pasados Eocar ‘en colaboración’ co concello. As novas que teño din que non haberá…
-
Adeus a un establecemento: Mesón Compostela
Levo tempo pasando a diario, ida e volta, por diante. Falando con xente á súa porta. Mirando a un edificio que me gusta. Por iso o notei: pechado. Pechado non por atraso na apertura, ou por vacacións. Non. Está colgado o cartel de ‘alúgase’. Máis a traverso do seu ventanal non se olla nada. Queda…
-
Consumindo en Ribadeo
Non, non se trata de andar polas que quizáis son as dúas principais fontes de consumo en Ribadeo, bares e tendas de roupa. Trátase de ser conscientes de que mesmo cousas nimias supoñen un consumo non pensado con anterioridade. A cousa ven a raíz de algo común: o consumo de auga. Sobre a auga da…
-
Faro, números, posibilidades… hotel?
Por partes. Hai canto tempo que non ves ‘en vivo e en directo’ a illa Pancha? É importante para ter conciencia que está aí, que é real, algo máis ca unha abstracción que manexar nas redes sociais como un xogo de rol. Punto seguinte: Embaixo, unha toma do SIGPAC, un servizo oficial de cartografía española…
-
Eva e Fran, ideas e acción
Pensa como un home de pensamento. Actúa como un home de acción. Na época na que me dixeron o anterior, o de home si tiña unha connotación de masculino, non tanto de humanidade. Pero a idea, pensa como unha persoa de pensamento, actúa como unha persoa de acción, é correcta como mandato, independentemente do sexo.…
