Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.454 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • Oito anos despois, os vectores da economía ribadense

    O 2 de xullo de 2009 escribín no blog unha entrada con título ‘Vectores da economía ribadense‘. Falaba daquela de datos tomados sobre facturación, curiosidades sobre empresas con 0 empregados e outras, como que, de xeito xusto, os informes non consideraban as empresas con sede social en Madrid como empresas ‘de aquí’, non dando polo…

  • Unha madriña para Fridtjof Nansen

    A comezos do pasado mes de febreiro, os asteleiros Gondán estreaban nova cara na rede, cun redeseño total da súa web. Onte a estrea era doutro calado, coa nota de prensa dos asteleiros sobre o amadriñamento o pasado día 24 dun novo buque, entregado en xaneiro, o Dr. Fridtjof Nansen, nome dado en honra do…

  • Papá, ven en tren

    A foto da imaxe non corresponde á actual liña de FEVE Ferrol-Ribadeo. A xuntanza que van ter mañá diversos alcaldes que teñen formado unha plataforma da que non forma parte polo momento Ribadeo, si ten relación co mal estado do material rodante, supresión de servizos e ninguneo da liña por parte da xestora de infrastruturas.…

  • SENTENZA DA SUBESTACION ELECTRICA. Evaristo Lombardero Rico, 22/3/2013

       Nos próximos días vaise coñecer a sentenza do contencioso administrativo promovido polos veciños de Piñeira contra a ubicación da subestación eléctrica promovida BEGASA- EON ca colaboura do Concello de Ribadeo, a Consellería de Industria e a sociedade SEPES que o día 31 de xullo de 2008 asinaron un convenio, sen que houbese nengunha documentación…

  • Habitudes

        Xa estamos afeitos: en múltiples formas, é normal un proceso que pode resumirse en coller un ben público, non mantelo como é necesario, dicir que o sistema non funciona, pasarllo aínda en bo estado ou con subvención a mans privadas, e que o capital privado saque lucro do servizo cun encarecemento con aumento da…

  • Eloxio de… de?

    ‘Eloxian o impacto económico dos dous portos en Ribadeo’ era o título dunha nova de onte. Desas novas que era de onte, pero xa non de hoxe, de non ser polas circunstancias, que tenden a facer dela unha nova intemporal. O primeiro, a foto. O presidente de Portos de Galicia, Juan José Durán, está acompañado,…

  • Adeus, España! Benvida, Marca España!

    Aínda non me recuperei do susto de que onte, El Rey presente, foran nomeados embaixadores honorarios da marca España. Si, si, da Marca España, non de España. Traducido, embaixadores do nome comercial e produto dunha suposta empresa España. De xeito oficial, aínda que, polo momento, honorarios. Aínda non, pero como se xa tivera sido así…

  • Muller traballadora, repetindo estereotipos

    Unha semana de traballo por diante pode verse de moitos xeitos. Dende con desesperación ante un traballo que non gusta e que se amontoa ata con naturalidade ante un traballo que apaixoa e que se fai con gusto. Séxase muller ou home. Son consciente de que soe haber diferencias diversas, comezando polo ‘traballo fóra do…

  • Movemento do porto de Ribadeo: actualizando

    Despois da entrada do día 11 do mes pasado sobre o movemento do porto de Ribadeo, ten chegada unha nova entrega de dados portuarios, esta vez sobre o mes de xaneiro. Serían, segundo os xornais (e suponse que segundo a correspondente nota de prensa -ver máis abaixo-), 37 500 Tm estibadas no porto comercial de…

  • 13 millóns de euros de Ribadeo para os bancos

    Esas son as contas: 1300 €/habitante, e Ribadeo ten, en números redondos, 10000 habitantes… E as contas saen de dividir o custe ‘actual’ (pode aumentar aínda) do rescate bancario, 60 700 000 000 € (tamén redondeando, claro…) entre o número de persoas con documentación española (uns 46,7 millóns). O ‘rescate’ non era un rescate, senón…