-
Sinsentido de Renfe e horarios de autobús (ribadeo, Burela, Viveiro)
Ímonos afacendo. Pode ser percepción da idade ou da comunicación, pero os sinsentido que nos chegan están medrando en número e ‘calidade’. A última nova que leva a impronta ‘sinsentido’ aparece hoxe mesmo na prensa: a compañía que aglutina os ferrocarris en España, Renfe, encarga un estudo para saber cánta xente usa o tren FeVE…
-
Despois do 20-2, mirando a outra parte
Vale. Se o referendo catalán fora un partido, o resultado sería algo así como 20-2. Si, pódenselle dar moitas voltas, como que lograran votar máis de dous millóns de persoas despois de roubar urnas ou entrar a paus nos centros de votación. Pro o resultado está aí. Claro. Mentras, a xente toda deste estado, seguiremos…
-
Quen mercou o edifico de Vegalsa? De fondo en fondo e toco fondo
Coido que non esaxero ó dicir que a instauración dun centro comercial no Vilar cambiou ‘para sempre’ o comercio de Ribadeo e influiu de xeito decisivo no futuro da vila. Para ben, mal ou regular, iso é outro tema, pero a importancia é innegable. E xa ten algo de historia. Cando se abriu, a comunicación…
-
Chocolates Moreno, innovando con premio
A raíz dunha nova na prensa, entro na páxina de Chocolates Moreno. A presentación xa di moito: Bienvenid@ EL CHOCOLATE DE TODA LA VIDA. La calidad y la elaboración artesanal sigue siendo la carta de presentación de Chocolates Moreno, que lucha desde Ribadeo por mantener vivo el chocolate tradicional que ha sido un referente para…
-
Reme, 36 anos de abandono dunha leitería
Entérome pola prensa que a leitería de Reme está a punto para o derribo. Deixou de funcionar hai 36 anos, no 1981, e xa hai dez que se acusou o mal estado das instalacións antes xestionadas por Kraft e agora pertencentes a Industrias Lácteas Asturianas, ILAs, con base en Anleo, Navia, e filial…
-
Pleno con dous días de antelación
Hoxe decateime de algo moi raro nesta administración local: apareceu unha nota de prensa onte con información do pleno de mañá. Que a nota sexa en plan triunfalista por ter acumulado cartos en relación a anos pasados e marcando unha liña ascendente non desmerece que sexa información sobre un pleno dada cunha antelación decoñecida. Pode…
-
De novo, a ría (3)
O tráfico mariño na ría en xeral non se pode seguir por ser embarcacións demasiado pequenas, pero si podemos ter unha idea de embarcacións un pouco máis grandes, como a información que da http://www.marinetraffic.com. Mesmo cousas curiosas, como a referencia de entrada dos tres barcos que onte compartiron peirao. Non teño foto dende a ría,…
-
Manobra dun cargueiro para entrar en Mirasol
Moita xente de Ribadeo veríao multitude de veces. Algúns, ningunha. Na ría de Ribadeo, ó natural, está dispoñible moitas veces ó ano, aínda que segundo as características a manobra pode variar algo. O vídeo é sinxelo, e permite ver a entrada dun cargueiro, este domingo pasado, con marea morta rematando de subir, dende o paso…
-
300 euros diarios
300 euros diarios. Segundo a nota de prensa do concello, ese é o éxito medio, cifrado en vendas, das casetas que participaron na IV edición da feira do libro de Ribadeo. ‘Uns 10 000 €’ entre 11 casetas, entre 3 días. Non sei a porcentaxe que lles queda ós libreiros, e polo tanto non podo…
-
Servizos panameños para consumidor ribadense
Non sei se é unha campaña xeralizada, un erro de envío, unha campaña personalizada… pero levantarme e ver que me ofrecen, por correo electrónico, un servicio de asesoría en Panamá, deume por un momento un sentemento de corrupción e avantaxes fiscais ó tempo que de chanza que non é moi doado de describir. Só a…