Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.393 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • “When you light a candle, you also cast a shadow.” ― Ursula K. Le Guin

    Cando acendes unha vela, tamén proxectas unha sombra. Coincideume no tempo o enterarme de que ía a ser a inauguración da subestación eléctrica de Piñeira e o atoparme coa cita que deixo arriba. De aí esta entrada, con fotos, a nova, ligazón a historia e algunha reflexión (pequena).  A estrada ‘do monte’ dende a entrada…

  • SUBESTACION ELECTRICA. Evaristo Lombardero Rico

       Polo que din as obras da subestación eléctrica de Ribadeo xa están rematadas, e séguese repetindo o mantra de que houbo un retraso por culpa do contencioso administrativo prantexado polos veciños de Piñeira. Convén crarexar, máis unha vez, e sabendo que non chegará, que esa información non se axusta a secuencia dos feitos.   …

  • Electricidade de calidade

    Polo comunicado de onte da alcaldía, enterámonos de que a subestación eléctrica nova, que ó parecer será estreada o martes do antroido en Piñeira, será a panacea que paliará todas as lagoas de mantemento de liñas, rematando cos cortes de luz. Amén, descansen en paz. Coido que a estación suporá unha mellora, pero que o…

  • Río Uso, en Ribadeo?

        Onte, o ABC, titulaba unha nova ‘La subasta para vender el barco de Ciudad de Vascos no recibe ofertas’. Non era a primeira vez que nomeaba o tal barco: hai xa varios meses daba nota da súa existencia (varado, dicía, cunha foto atracado) no peirao de Ribadeo á espera dunha subasta.     A historia…

  • Gasoduto na Mariña. Orzamento, 26 391 821 euros.

    Saiu o día 23 no BOP. Cunha lonxitude de 65 km, máis de 14 deles en Ribadeo. Presión, 80 bar, ou sexa, unhas oitenta atmosferas. Recorrendo a Mariña de Ribadeo a Viveiro, ramal do gasoduto LLanera-Vilalba. Da empresa ENAGÁS (ver o informe anual). Gaosdutos de Enagás na zona noroeste

  • Un inmoble por cada ribadense. 30 000 € de valor catastral

    Iso é o que se desprende do censo de inmobles no concello. Case 10 000 habitantes, case 10 000 inmobles. A valoración total sobe algo de 300 000 000 €, o que da, de media, algo máis de 30 000 € de valor catastral por cada inmoble. Ou por cada ribadense. Algo menos de 2…

  • Ribadeo aumentou o turismo un 12 % o pasado ano

    Hoxe, 17 de xaneiro, comeza FITUR, a feira internacional de turismo que é visitada por representantes ribadenses dende hai xa moitos anos. Esta edición, o concello sacou unha nota (onte) na que indica que vai ir a concelleira do ramo, Ana Mª Martínez, o alcalde e a técnico de turismo. Non se di nada sobre…

  • Dous casos

    Quédome a pensar sobre dous casos diferentes de convocatorias feitas en Ribadeo: a de subvencións do ARI (convocatoria de Ribadeo e Rinlo) e a de alegacións ó Plan Especial das catedrais. O motivo é sinxelo: A do ARI remata a fin de mes e mereceu unha lembranza, a dúas semanas do final, para que se…

  • Xeo en Ribadeo: pista, ano II

    Remata de pechar a segunda tempada da pista de xeo en Ribadeo . O parque deixará xa de estar ocupado despois de ver a montaxe no seu centro dende hai un mes. Agora, din, é cousa de botar contas. O ano pasado tivo un déficit de 12 000 €, asumidos polo concello. Este ano, segundo…

  • Setenta e cinco euros diarios para taxi

    Ferrol-Ribadeo. No mapa (este caso, Open Street Map) é difícil mesmo atopar a liña férrea… Non, non é moito. Mais é a cantidade que Renfe/Feve adica durante un ano (que xa comezou) a levar á xente en taxi no tramo galego da liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón. Algo que se presta a varias…