-
Ribadeo, domingo pola mañá
O domingo pola mañá os xornais reflectían que ACISA e hostaleiros estaban contentos coa celebración dun campionato que polo que parece, trouxo a Ribadeo a 1000 visitantes. Aquí preséntase outra cara da moeda, o ter que pasar con coidado para non pisar vidros, tentar fuxir se se pode do cheiro forte dos mexos, a…
-
Tres mañás dun 26 de maio
Hoxe, 26 de maio, Ribadeo. Estaban previstos tres actos. A descoberta dunha placa na casa de Carlos A. Fernández Cid, Degustación gratuíta e outras cousas no mercado para celebrar o día dos mercados e unha concentración de pensionistas. A máis doutras cousas persoais, claro. Quedaba a opción de ir de romaría polas actividades, pero non,…
-
26 de maio, convocatoria de manifestación polas pensións
E, se queres saber máis podes comezar co “¡Qué ganas de hacerles un corte de mangas de cojones y decirles: ‘Pues os jodéis’. (Martínez de Castro secretaria de Estado de Comunicación)” e continuar aprendendo algo sobre a sostibilidade das pensións ou a relación entre pensións de merda e traballos de merda (traballos que, por certo,…
-
Sentidiño nas catedrais
Co funcionamento actual da protección social cando non ataca ós intereses do poder nin necesita inversión, entraba dentro da lóxica que chegara o que está a pasar: as Catedrais, cerradas. Si, non están cerradas de todos, senón o cantil e algunha cova. Pero non o están por protección da natureza nin dos humanos (aínda que…
-
A nova directiva de ACISA
A nova directiva de ACISA comeza a moverse. Onte mantiveron unha xuntanza cos representantes do PP no concello e na zona, para facer peticións. Coido que a orde de xuntanzas dunha entidade marca en certo xeito o que son as sús preferencias, a folla de ruta para chegar ós seus obxectivos. Neste caso, ademais, a…
-
Pola recuperación de dereitos
Onte houbo manifestación en Ribadeo. 1º de maio. Collo algunha das fotos de Suso Fernández para lembrar no blog a manifestación. Xente loitando polos nosos dereitos. Algunha xente loitando polos dereitos de todos. Ós que máis se ve son ós das pancartas, pero sen os de atrás, nada se faría.
-
Pouco a pouco, Ribadeo móvese
Adxunto fotos e lema transmitidos en Facebook por Suso Fernández. Resulta que… ante o éxito dos pensionistas en mobilizarse (organizados pouco a pouco no ‘Movemento en Defensa das Pensións Públicas‘, agora chama á mobilización todo o mundo (léase partidos, sindicatos) querendo subirse á onda. Iso si, non soen xuntarse co movemento, senón agregar a ‘súa’…
-
En loita polas pensións, sección Ribadeo
Publicado no muro de Facebook do Movemento en Defensa das Pensións Públicas, Ribadeo.
-
Secuencia de carga en Mirasol – 2018
Levo xa colgado por varias veces vídeos con secuencias de carga de pasta de papel en Mirasol, vendo como vai cambiando o xeito de facelo e o tempo empregado. Este vídeo é de hoxe. A calidade é moi mala, pero os pouco máis de tres minutos de descarga entre camión e camión quedan patentes, e…
-
Fará falta unha nova subestación eléctrica?
Martes 13 de febreiro: inauguración da subestación eléctrica de Piñeira. Case unha semana antes, o día 7, o concello sacou unha nota de prensa para anunciar o que pouco menos se considerou unha panacea. Cinco semanas despois, vento e choiva producen cortes de luz apreciables, e deixan supermercados sen pode cobrar durante un cuarto de…