Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Sobre a web (2ª de hoxe)

       Aproveito un cachiño deste festivo constitucional para facer unha pequena reseña dun sitio web, o ‘internet archive‘, onde se poden ver, ler ou escoitar web e arquivos diversos, como a lectura de Mariano Grueiro sobre textos de Rosalía (ten unha primeira parte) (polo que entrei por primeira volta a un sitio do que tiña…

  • Tres festas e máis

    Cargo á beira un traballo xa vello, que apareceu no libro das festas do 2004, p.59, un ano no que as festas de Ribadeo se celebraron do 1 ó 9.

  • A sociedade da información en Ribadeo

    Din os expertos que en España estamos retrasados nesto da sociedade da información. Despois de facer onte un repaso de novas en relación a Ribadeo noutros blog, ocórreseme que un síntoma dese retraso é que ata agora non aparecera ningún blog de partido de cara ás próximas municipais. Nas presidenciais dos EEUU xa tiveron repercusión…

  • Na lembranza de Hernán

    Recuperando cousas sobre Hernán, a letura dun post de Mariano lembroume un artigo me que saiu no libro das festas do 2001. Escaneeino (pp.11,13,15 e 17) e aqui vai, á falta de pasar ó Arquivo Dixital Hernán Naval. A lembrar, coma sempre, que clicando na imaxe consíguese vela soa e logo, de máis tamaño. E…

  • As nosas citas de cada día, dánolas hoxe…

    Parafraseando ‘o noso pan de cada día, …’, ás veces parece tan necesario para a persoa atoparse con novas ideas (ou vellas ideas expresadas dun novo xeito) como comer. Aí van algunhas que me atopei hoxe, a persoa citada e a entrevista ou artigo: “Eu vexo que a tentación da política non é tanto mentir…

  • O sentido de humanizar Ribadeo e o castro das Grobas

    Remato de ler un post que da outro sentido á palabra humanizar, un sentido máis humano do que se está a empregar en Ribadeo co tema das obras. E outro que fala de novo do camiño ó castro das Grobas, Vilaselán, Ribadeo, que non está de máis o saber para non esquecer a existencia dunha…

  • Manuel Rivas, as Pontes, medio ambiente…

    Manuel Rivas non deixa de sorprenderme, xa case é algo así como a corrección da incorrección. Unha cita dunha entrevista que lle fixeron e que aparece hoxe no El País (para promocionar un novo libro), a conta dos incendios en Galicia (a cita) no verán pasado e as súas causas: ‘Si son mafias, a súa…

  • Visións dun mundo mellor co fondo do Ribadeo actual

    Collo un retazo pequeno dun correo electrónico que me chegou onte: “Só son alguén que quere axudar a que o mundo (Galicia) sexa un pouco mellor se iso é posible :-)”. Corresponde a alguén con que teño trato dende hai máis de ous anos e que me te amosado que é boa persoa. Sei del…

  • Ribadeo, finaliza o leader

    O Leader + xestionado pola Asociación Ponte dos Santos (en nome castelanizado, craro está) está dando os seus últimos pasos. Tres millóns de pesetas (18000€) para recuperar a fonte cavada será unha das súas derradeiras accións, comunicada días despois de que outra fonte emblemática de Ribadeo, a dos catro caños, fora vandalizada. Ese vandalismo nouturno…

  • Atenas: ánodo e cátodo.

    A cidade de Atenas é visible dende moitos puntos, e dende moitos punto de vista, de xeito que as consideración a facer sobre ela poden variar como do día a noite segundo como e de ónde se enfoquen. En barrios máis populares e menos turísticos ou sinxelamente centrais ou comerciais, atópase un ambiente tan anodino…