Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.571 posts
45 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Esforzo

    Chámame a atención a extensión dos deportes nos xornais: coido que é excesiva. Pero non é esa a cuestión sobre a que quero pararme hoxe, senón en que está mal distribuída, pois na realidade, máis do 90% (a ollo) está ocupada por economía. e tampouco por economía do deporte, senón por economía dos clubes deportivos,o…

  • O antroido en Ribadeo

    Sen finalizar aínda, e a pesares do ruído, coido que o resume poden ser as dúas fotos: unha charanga entrando e saíndo, nunha rúa vacía. Por suposto que houbo máis, moito máis, e que non son dúas fotos exactaqmente representativas, pero parece que o declive está confirmado. Remítome ó pregon de antroido que fixen no…

  • E seguimos no antroido: Ribadeo é así

    Onte, na presentación do antroido, xa saíu o tema dos enfrontamentos no concello (ver, por exemplo, aquí para máis información. Hoxe a prensa segue, e está previsto que siga (cousa á que non daba creto cando cezou todo) abondo tempo máis. Por eso, pódese considerar que o antroido este ano deu comezo vai boa, e…

  • Culebrón

    Coido que a algúns seriais da radio lles comezaron a chamar ‘culebrón’ porque unha volta comezados pola cabeza, seguía un corpo da historia que sempre era igual e alongábase, alongábase, alongábase…. como unha longa culebra. si, refírome á nova intervención de Reinante en Ribadeo contra os seus antigos compañeiros (ver a prensa de onte, de…

  • A protección da ría de Ribadeo

    Non é á protección contraditoria da ría que aparece na foto na zona do derrube sen amañar dende hai máis dun ano á que me refiro (o cartel indica ‘zona protexida’). É a á petición da Plataforma para a defensa da ría de Ribadeo efectuada luns para que se artellen unha serie de medidas de…

  • A exposición dos habitantes dos castros (e III)

  • A exposición dos habitantes dos castros (II)

    Paso as imaxes… algunha non está moi aló, co que terei que mellorala, pero sen facer unha nova entrada. A orde é introdución, asentamentos, espazo interior, vida cotián, economía, artesanía e arte.

  • Presentación da exposición ‘Os habitantes dos castros’ en Ribadeo

    Luns, 5 de febreiro de 2007. Oficina de turismo de Ribadeo. Eduardo Ramil, Director do Museo de prehistoria e paleontoloxía de Vilalba, fixo a presentación da exposición ‘Os habitantes dos castros’, organizada por O Tesón, coa colaboración da fundación de A Mariña Central e o propio museo. Os paneis, divididos en 7 temas diferentes (Introdución,…

  • Unha exposición en Ribadeo (Nota de prensa de O Tesón)

    AVV O Tesón – Ribadeo Nota de prensa O próximo luns, día 5 de febreiro, terá lugar a apertura da exposición ‘Os habitantes dos Castros’. A exposición “Os Habitantes dos Castros” pretende dar a coñecer, dun xeito ameno e didáctico, as características máis salientables dos castros galegos. Está estruturada en sete bloques temáticos e ofrece…

  • Carnaza arredor de Ribadeo

    Onte foi en Mondoñedo, coa declaración xudicial, e hoxe no mesmo parador ribadense, onde haberá unha presentación de candidatura (PsoE) ás 12 e media hora antes, rolda de prensa do aínda concellero de facenda. Mellor, cambiar de tema. O que pasa é que o tema parece repetirse hoxe, coa rotura dun radar fixo en Cervo,…