Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.299 posts
28 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Un novo chío

    Un novo chío

        Co novo ano, a revista Chío cambia de lugar web. O caso é que o sitio -‘site’- aínda non está listo, [e, para non retrasar a edición, manterase uns días en pdf, ó que podes acceder aquí: Chío 26] e manterase na vella páxina aínda un tempo.     O pdf pódese ver, e, en…

  • Pensando (moito) en ti, Lola

    Pensando (moito) en ti, Lola

    Autocaricatura do Viejo Pancho (D.P.)     El Viejo Pancho non sei que pensaría. Despois de estaren as súas obras no D.P. (Dominio Público), no Uruguai e en España, o orixinal dunha obra –Pensando en ti, Lola– é deixada en depósito na biblioteca que leva o seu nome en Ribadeo. En decembro de 2023, retírase. No…

  • Unha re-presentación

    Unha re-presentación

        O 17 de novembro tivo lugar na Casa do Viejo Pancho en Ribadeo a presentación dun libro que ven sendo a reedición conxunta e revisada doutros tres anteriores. Trátase de ‘Literatura Galegoasturiana’, libro que tenta aglutinar e compendiar os autores e estilos de dita literatura ata hoxe. O equipo foi presentado por Dores Abel,…

  • Bestial! Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    Bestial! Xosé Carlos Rodríguez Rañón

      Entrada para As Bestas. Imaxe no D.P. collida de gl.wikipedia.org BESTIAL! Xosé Carlos Rodríguez Rañón     O pasado ano producíase a estrea do filme “As bestas” (xa houbera tamén un documental estadounidense), coproducido entre Francia e España e baseado no crime do holandés Martin Verfondern na aldea de Santoalla en Petín no 2010 por…

  • Do Chío de decembro

    Do Chío de decembro

        Remata de chegar a min o último Chío polo momento, o número da revista dixital do mes de decembro. Dela sorprendéronme varias cousas, pero o seu tamaño, asequible ata o último recuncho en pouco tempo, fai que mellor que comentalas, facilite o acceso.     Como en números anteriores de Chío, teño unha pequena participación.…

  • Mar por Medio do galego

    Mar por Medio do galego

    Mar por Medio do galego     Están convocadas as novas Xornadas Mar por Medio. De feito, en baixo deixo o cartel e programa. Está aberta a inscrición.     Por outra banda, chócame algo curioso. Convocadas pola ‘Academia Xacobea‘, con enderezo en internet rematado en .gal, cando entras na páxina principal sintes que algo non vai…

  • Unha… curiosidade ou atropelo?

    Unha… curiosidade ou atropelo?

    Unha… curiosidade ou atropelo?     O pasado sábado 18 de novembro houbo en varios puntos de Galicia un izado de bandeiras galegas, das deseñadas por Castelao. Por que ese modelo? Porque a xente convocadora así o decidiu. Entendo que foi por fuxir ó tempo da oficialidade actual e da estrela entendida como partidaria, pero o…

  • O HOME CÁMARA. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    O HOME CÁMARA. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

      Carlos Saura. Collida de Wikimedia Commons, subida por Carlos Delgado, Lic. CC BY SA 4.0 O HOME CÁMARA Xosé Carlos Rodríguez Rañón     Dicía en vida que a súa teima coas imaxes a herdara do seu pai, quen lle ensinou a elaborar libros-collage con recortes de fotografías, paixón que tamén tiña o seu irmán,…

  • No IES de Ribadeo Dionisio Gamallo homenaxéase a Suso Peña

    No IES de Ribadeo Dionisio Gamallo homenaxéase a Suso Peña

        No IES de Ribadeo Dionisio Gamallo homenaxéase a Suso Peña cunha pequena exposición de composicións en torno á súa figura. Polo momento, só deixo a foto tomada hoxe mesmo cos cadros colgados, sen máis datos (que non teño aínda), sobre o que ou cando da homenaxe.

  • Noticias para rir

    Noticias para rir

    Lic. CC BY SA 3.0, collida de Kurosawa en https://it.wikipedia.org Noticias para rir     Comezo o xornal polas novas locais. Son aquelas nas que confío máis, entre outras cousas porque ó coñecer mellor o terreo, podo discernir tamén mellor a súa adecuación á realidade. Coido que é comprensible.     En cambio, hai outras novas que…