Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.402 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Republicado o libro da Semana Santa

    Por fin foi. Xa está na rede o libro desta Semana Santa (polo momento sen tapas), en Publicado en Ribadeo, por xentileza dos Amigos da Semana Santa, David e Gráficas Ribadeo. (na realidade, no grupo de ‘Ecos de la Parroquia‘)

  • No auditorio Hernán Naval, coa memoria

    Despois da entrada anterior sobre o tema da memoria dos oficios, e co previo do pasado ano de Memoria de muller, algunha foto da presentación onte do vídeo resultante. A primeira, do cartel que se puido ver polo pobo, dúas sinxelas follas impresas, das que unha era unha atractiva imaxe sobre os oficios presentados. Outra,…

  • Axenda cultural do trimestre

    Xa sabedes, premer para ampliar…

  • Wikiencontro en Galicia

    Só unha ligazón para quen queira seguir a vida da wikipedia na nosa terra: http://wikimedia-es.blogspot.com/2010/04/wikiencuentro-en-galicia.html

  • Felices vacacións

    Así comezaba o correo no que recibín as fotos que adxunto (entre outras moitas do mesmo sitio que me enviou Pancho Campos) da destrucción da Mámoa das Pallaregas. O tema é unha limpeza que permite ver como está a zona, citando ó autor do envío, “na que se ve un montículo común con outras protuberancias…

  • En relación ós emigrantes

    Relendo partes dun libro que vai para catro anos, atopo algo que aínda serve para cavilar moito hoxe. “(…) teño visto os emigrantes, famentos, pálidos, tristes, esconsolados, coas mans callosas de tanto traballo … que xa sabedes que desta terra fuxen os que traballan, pero non os zamezugas da política que teñen as mans suaves…

  • Mariñarte

    Onte non puiden asistir á inauguración de Mariñarte. Houbo difusión a prensa e na circular de Cultura, por onde tamén chegaron as convocatorias apra diversas actividades para esta semana Santa, que complementa a oferta dos actos propiamente eclesiásticos. Deixo a continuación a exhoratación da concelleira de cultura que viña coa invitación: “MARIÑARTE chega este ano…

  • A Galipedia en código cero

    Para máis info: http://www.codigocero.com/spip.php?page=recherche&recherche=galipedia A última nova en papel (pdf, p.16)

  • De cunchas e insectos

    David Antonio López Álvarez é ribadense. Descoñecido por moitos, non obstante é coñecido alén das fronteiras por especialistas e coleccionistas de cunchas e tamén de insectos. Xente que ten en consideración os moitos anos de traballo, recopilación, clasificación e estudo adicados ó tema por David. En Ribadeo, ten presentado xa hai moitos anos (no século…

  • Bos Aires

    Agora que o galego está nun momento controverquido en Galicia, aparece esta nova sobre a recuperación da súa memoria en Bos Aires. (sobre Bos Aires)