Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.573 posts
45 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Matrícula do 22 ó 29 de outubro: V xornadas de patrimonio tradicional da Mariña Central

    O Camiño Norte, analizado nalgunha vertentes nun ano xacobeo, en Mondoñedo: V XORNADAS DE PATRIMONIO TRADICIONAL DA MARIÑA CENTRAL “Patrimonio, Cultura e Turismo no Camiño Norte Galego” Centro de Desenvolvemento Comarcal da Mariña Central (Mondoñedo) 29 e 30 de outubro de 2010 Programa: Venres 29 de outubro de 2010 09:30 h Acto Inaugural 10:00 h…

  • Dionisio Fierros comentado por Celia Castro

    Onte tivo lugar a terceira das charlas do ciclo ‘Ribadeo e …’ organizado pola AVV O Tesón. O tema foi Dionisio Fierros, pintor vinculado con Ribadeo aínda que nado en Cudillero. Celia leva anos estudando a obra de Dionisio e encadrándoa en relación cunha temática que toca nas súas clases, a fotografía, e que naqueles…

  • Desiderio Palazón, o Yuma e Arturo Mogo

    Entre hoxe venres e mañá sábado hai dous actos na casa das letras á mesma hora, ás 20:30. O de mañá, a charla de Celia Castro sobre Dionisio Fierros, naturalmente ha de vir. O de hoxe, xa foi: a presentación do libro de Arturo Mogo sobre Desiderio Palazón, introducida por Farruco Graña e acompañada na…

  • Nota de prensa de O Tesón: Ciclo de charlas ‘Ribadeo e …’

    A AVV O Tesón de Ribadeo, continuando na liña de anteriores actividades culturais relacionadas con Ribadeo, comunica que ten programado para o presente mes de outubro o primeiro ciclo de charlas ‘Ribadeo e …’ As charlas previstas para este primeiro ciclo, que terán lugar os días reseñados ás 20:30 en colaboración coa Casa das Letras…

  • Os vínculos culturais Galicia-Uruguay

    Onte foi a presentación do libro de actas do congreso celebrado entre Vilanova de Lourenzá e Ribadeo hai xa tres anos para afondar nos vínculos entre Galicia e o Uruguai, en particular a traverso das figuras de José Mª Alonso de Trelles y Jarén, o ‘Viejo Pancho‘ (na wikipedia en español, abondo máis extenso), e…

  • Publicado o libro da Seman Santa 2006 en Ribadeo

    Deixo a ligazón a este libro, xa vello, en Publicado en Ribadeo. Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de ‘publicado en Ribadeo’. Irase poñendo nota do material e o novo lugar de publicación en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/publicado%20en%20Ribadeo

  • Educación, si

    Este fin de agosto presenta novidades educativas. Son informais, e pode que por iso mesmo esteñan en condicións de ofrecer un maior rendemento en actuacións de curto recorrido, ó sentirse máis vividas que aprendidas, sen necesitar doutra estrutura amplia que lles dea acubillo. Unha delas é a que protagoniza ‘Máis talento, menos cemento‘, grupo novo…

  • Os Cocos de Ribadeo, libro en internet

    Remato de colgar en publicado en Ribadeo o libro ‘Os cocos de Ribadeo‘, presentado recentemente, en diferentes formatos. Aquí, os cocos na Galipedia. Ligazón á páxina Facebook ‘Os cocos de Ribadeo‘

  • Un pregón e un libro

    Paso a dar o aviso de que xa está dispoñible en Publicado en Ribadeo o discurso do pregón da festa das Cruces de A Ponte, en Arante, deste ano (primeiro que se fixo pregón) e o libro sobre o Megalitismo en Trabada, ambos de Emilio Piñeiroa Lozano.

  • Ribadeo non é Asturias, un paso máis de cesión.

    Remato de unirme a un grupo en Facebook, invitado por Fátima: “Ribadeo no es Asturias”. E é que resulta que, en Facebook, polo menos nalgunha situación, é asignado de xeito automático en Facebook a Asturias. Quizáis quedaría crear o mesmo grupo en galego, pero déixollo a outra xente. Se a algúen lle fai falta algunha…