Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.449 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • IASA, despois da Empresa Ribadeo

    Portada do libro Sábado 1 de xullo, na Casa das Letras,tivo lugar a presentación do libro Un momento da presentación Moisés, o impulsor principal do libro “O ideal Auto” (ISBN 978-84-614-6364-0). O libro ven precedido de diversos movementos en internet, dende a creación dun grupo en Facebook á creación asemade da entrada ‘Empresa Ribadeo’ na…

  • Ás veces por Castropol, outras polas Figueiras, …

    Hai uns anos, pode que sete ou oito, pasaron os realizadores dun programa da galega por Ribadeo facendo unha pregunta moi sinxela: por onde sae o Sol? O título corresponde a unha resposta moi comentada daquela, dun persoeiro popular no pobo, no sentido de que ‘mira ti a quen lle foron preguntar’. A cousa pasou…

  • Ante a xornada da asamblea cidadá en Ribadeo

    Un vídeo (collida a idea do blog de E. Dans) que manifesta, ó longo do mes de maio, as relacións desenvoltas arredor do 15M nas redes sociais. Poden observarse cousas curiosas, como o aumento a partir da tarde do 15 de maio, as horas de máxima e de mínima actividade dos implicados, a relación do…

  • 5 da mañá, spanishrevolution

    David Bravo: Terminó mi turno. Vuelvo a casa cansado y contento. Coido que un sinxelo twit da para saber unha nube de cousas. Unha noite de protesta tranquila e organizada, onde hai participantes cunha traxectoria xa longa ás súas costas … chámaselle revolución pero quizais debera falarse do callar dunha evolución. Mentres, xa estamos en…

  • Letras galegas 2011 en Ribadeo

    Sol, algunha nube que outra, gaivotas ó fondo, tranquilidade na mañá, lectura de poemas ó mediodía, … Na frente unha estrela, no bico un cantar… Unha pequena contribución no blog de Ángel de Olavide: ” Rosalía de Castro. Santiago de Compostela. Foto de la colección de Ana Vieiros en Flickr con licencia CC Cada 17…

  • Axenda de actividades culturais

    En publicado en Ribadeo está a disposición a Axenda de actividades na primavera de Ribadeo no 2011.

  • Presentación do libro de homenaxe a Daniel Cortezón

    O acto do sábado 20110319 para a presentación do libro homenaxe a Daniel Cortezón fixo que o salón de plenos do concello estivera cheo a rebosar: 150 persoas que mantiveron a espectativa ó longo do máis dunha hora que durou, despois dun retraso de inicio pola espera do Subdirector Xeral de Bibliotecas e director da…

  • O día da muller, en diferido

    Xa deixei no seu momento unha pequena reflexión sobre o cambio de datas dalgunhas celebracións debido ós cambios no calendario doutras. Onte por fin celebrouse o día da muller en Ribadeo coa actuación de varios grupos no concerto unindo voces pola igualdade: Alesancia, Maktubikan, Habelas hainas e A lei de Hooke. A entrada, case cheo.…

  • Máis pregóns da xira en publicado en Ribadeo

    Días pasados rematei de cargas os pregóns da xira en ‘publicado en Ribadeo‘, procurados por Daniel Rodríguez Saavedra . Asemade, últimamente carguei tamén o anaco de pleno no que se da o nome do auditorio a Hernán Naval (2006). Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de ‘publicado en Ribadeo’. Irase poñendo nota…

  • Un libro sobre Daniel Cortezón

        Comeza a semana. Ó final dela, o 19 ás 19, terá lugar a presentación dun libro homenaxe a Daniel Cortezón. O lugar, o Salón de Plenos da Casa do Concello, como corresponde a un ribadense con ficha na BVG e na AELG, a parte de levar o seu nome a mostra anual de teatro…