Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.449 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Coñeces a Xosé Otero Canto?

    Posiblemente non. Xosé Otero Canto saltou á palestra en Ribadeo cando hai algo máis de 10 días (10 de maio) apareceu ‘o anuncio’ no Boletín Oficial da Provincia para vender o seu poemario sobre As Catedrais, editado polo concello, ó prezo de 5,60 €/unidade. A cousa é que ese prezo non é para compradores finais,…

  • A divulgación da ciencia en Galicia. Ribadeo

    Corto e pego dende ‘Física e Química en Ribadeo‘: O pasado día 20 de maio, en Santiago, tivo lugar o que foi o momento punteiro en todo o ano para avaliar o estado das relacións entre ciencia, técnica e sociedade en Galicia. O Consello da Cultura Galega presentou un informe que hai cousa de ano…

  • Hai vinte anos, os nomes das rúas de Ribadeo

    Coñeces os nomes das rúas de Ribadeo? Non se trata só de que asocies o nome cun determinado lugar, senón de que asocies o lugar co significado do nome… Hai vinte anos, da man de Suso Fernández Acevedo, e coa colaboración doutros profesores, un grupo de alumnos do IB de Ribadeo colaborou para facer unha…

  • Unha publicación desapercibida sobre a Torre dos Moreno

    ‘A Torre dos Moreno en Ribadeo, Lugo. Exemplo singular de casa indiana en Galicia‘, de Diego Rodríguez Paz, é unha publicación que corresponde ás actas dun congreso en Portugal (‘Casa nóbre, un patrimonio para o futuro’) que tivo lugar no outono de 2013, e que se involucra nunha descriciòn de diversas facetas do edificio insignia…

  • 25 anos de antroido ribadense

    Unha publicación que tiña cargada hai xa tempo, con permiso de Gilberto e Pepe, pero borrouse.  Agora vai cargada de novo, 25 anos de antroido ribadense:

  • Es princesa, es rosa, es consumista, es nai.

    Mentras a a portada da web de ACISA Ribadeo segue cun ‘volvemos pronto’ chantado nunha bonita imaxe da illa Pancha coa planta invasiva en flor (así, dende abril de 2015, aínda que polo interior hai ‘cousas‘), o seu Facebook non deixa de sorprendernos con actividades do máis diverso. A última polo momento, unha campaña enfocada…

  • Velutina!

    Onte tivo lugar no salón de actos da casa do Mar de Ribadeo a presentación dunha nova asociación ribadense, os Abelleiros, e con dito motivo, unha charla sobre a avespa velutina e o seu combate. Antes da charla Na charla participaron Víctor Cao, como representante de Protección Civil de Ribadeo, Marcos Villamil, presidente dos Abelleiros…

  • De acordo con Franco. Unha curiosidade do 1973

    Dependendo do navegador, ó mellor hai que coller a imaxe co botón dereito do rato e abrilo nunha fiestra independente. Trátase do BOE de 24 de outubro de 1973, páxina 20537: “Decreto 2640/1973 de 17 de agosto, por el que se declara conjunto histórico-artístico y paraje pintoresco la villa y ría de Ribadeo, en la…

  • Forzas da natureza contrapostas

    Estes días, tras o temporal, estamos afeitos. Un vídeo do temporal en Rinlo o pasado día 8 de febreiro de 2016 como o que me chegou por correo electrónico (vin noutro lugar que lle atribúe a autoría a Cecilia de Lamas) da mostras das forzas da natureza. Por suposto, non é a primeira vez que…

  • Identidade e política na tetraloxía ‘Castelao ou A paixón de Galiza’ de Daniel Cortezón

        Así se titulou unha ponencia relacionada con Daniel Cortezón que Santiago Sanjurjo, tamén ribadense, levou onte ó I Congreso Internacional de Novos Investigadores en Estudos Literarios e Culturais (CIJIELG) na Universidade de Vigo. Entereime de casualidade, supoño que o antroido fixo que a nova pasara desapercibida para os medios locais, de xeito parello a…