-
Comenzo de curso no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Hoxe desenvolveranse as primeiras clases do novo curso no IES de Ribadeo dionisio Gamallo. Como xa ven sendo habitual, desenvolverase asemade unha conferencia inaugural, que neste caso será impartida polo que foi profesor do centro, Roberto Rodríguez Rodríguez cun título moi achegado a Ribadeo: “Unha visión de Suso Peña e o seu legado”. Terá lugar…
-
A cultura pode ser unha festa, ou un dinamizador
(Unha das frases empregadas no texto) Un titular: ‘un mestre, conexión a internet ou unha asociación cultural dinamizan máis un territorio que un polígono industrial‘. A dicir que hai que poñelo no seu contexto, e tratábase de fixar poboación en zona rural. De calquera xeito, chamamoume a atención que son cousas non estritamente económicas (de…
-
Participando na Feira do Libro de Burela
-
Repensando a democracia, escoitando
A multitude de actos de diversos tipos que se producen en Ribadeo no verán fan imposible na práctica o seu seguemento. Así pasa esta mesma tarde coa coincidencia da actuación da Coral Polifónica de Ribadeo coa presentación do libro (Re)pensar a democracia. Ti elixe. O que si diría é: participa.
-
300 euros diarios
300 euros diarios. Segundo a nota de prensa do concello, ese é o éxito medio, cifrado en vendas, das casetas que participaron na IV edición da feira do libro de Ribadeo. ‘Uns 10 000 €’ entre 11 casetas, entre 3 días. Non sei a porcentaxe que lles queda ós libreiros, e polo tanto non podo…
-
Finde: de fóra en Ribadeo, e de Ribadeo fóra
Esta fin de semana acumuláronse en Ribadeo varias citas con aportacións externas ó pobo, e algunha na que Ribadeo aportou tamén para fóra. Aquí queda algo delas. A primeira, a celebración do ‘día do orgullo’. Así, sen máis, aínda que evidentemente, pola bandeira e pola nota de prensa, refírese ó orgullo do colectivo lgtb. O…
-
A feira do libro de Ribadeo, que comeza hoxe
… terá novidades, centrarase no próximo… Os tenderetes xa están montados. E o programa, a continuación. … e a nota de prensa do concello: CONTARÁ CON 11 CASETAS DAS QUE 6 SON DE LIBREIROS LOCAIS IV Feira do Libro 26/06/2017 Entre os días 30 de xuño e o 2 de xullo terá lugar en Ribadeo…
-
Cortezón, Suso Peña e As Covas do Rei Cintolo
Unha publicación de Daniel Cortezón do ano 1956 publicada por Galaxia é republicada agora por Gráficas Lar Editora, acompañada do breve cómic de Suso Peña sobre o mesmo tema. A edición é facsímil, cedida por Galaxia, e o cómic de Suso Peña, como foi escrito, en castelán. Unha sorpresa editorial que sae a 10 €…
-
Reseña de dúas actividades conectadas: roteiro a partir da illa Pancha e presentación de BirdFlyway
Hai uns días deixei a convocatoria das dúas actividades, promovidas por ‘Por Nuestro Faro‘ e agora paso a deixar un breve resume do acontecido nas mesmas. A primeira realizada, venres 21 de abril ó anoitecer (dous días antes do día do libro, hoxe), na casa das letras, foi a presentación de BirdFlyway, libro de Antonio…
-
Adeus, España! Benvida, Marca España!
Aínda non me recuperei do susto de que onte, El Rey presente, foran nomeados embaixadores honorarios da marca España. Si, si, da Marca España, non de España. Traducido, embaixadores do nome comercial e produto dunha suposta empresa España. De xeito oficial, aínda que, polo momento, honorarios. Aínda non, pero como se xa tivera sido así…
