Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.483 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Biblioteca

    Biblioteca Teño libros na casa. Iso non quita para que non visite a biblioteca pública cunha certa asiduidade. Noutro momento, máis na procura de títulos. Agora, máis ben, na procura de datos, feitos, ideas… e si, tamén libros. E xente coa que comparto algunha das actividades que na biblioteca se realizan. De visita a unha…

  • Sobre lingua, cultura, tradicións…

    Hai pouco fixen unha viaxe lenta, ‘slow travel’ que incluíu o País Vasco. En bicicleta, tendo un certo roce co local, e por suposto, trato coa xente, cos ‘locais’. Vindo de Galicia, non me estrañou o ‘kaixo’ de saúdo, nin tampouco notei estrañeza no cambio de lingua ó apreciar a xente a miña incomprensión do…

  • ILUSTRACIÓN FRANCESA. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    ILUSTRACIÓN FRANCESA Xosé Carlos Rodríguez Rañón Non me refiro á enciclopedística e revolucionaria do século XVIII, mais á actual da banda deseñada na que Francia (xunto con Bélxica e Xapón, por exemplo) é unha potencia mundial. Que llo digan se non á parella de ilustradores (afincados en Vigo) formada polo madrileño Víctor L. Pinel e…

  • Debate IA: Posibilidades e Perigos | Soberanía dixital V | amarinha.gal

    Só unhas verbas para deixar aquí algo que se me pasara: o vídeo do debate de Soberanía dixital sobre as posibilidades e perigos da ia, da serie sobre soberanía dixital promovida por amarinha.gal

  • Presentación de As bocas cosidas

    Onte mércores 20250813, tivo lugar a presentación de As bocas cosidas, libro de Marilar Aleixandre, na Biblioteca pública municipal Viejo Pancho de Ribadeo. Era a segunda presentación, despois da inicial poucos días antes na feira do libro de A Coruña. Deixo o vídeo e o escrito da introdución feita por min, tras unhas poucas notas…

  • Concerto 70 aniversario. Coral Polifónica de Ribadeo (2)

    O pasado sábado tivo lugar o concerto, e deixei o vídeo. A recepción foi moi boa, tanto polos propios coralistas como polo público, de xeito que non sería raro que se repetira de xeito periódico a intrvención de antigos participantes na coral. Faltaba de subir o tríptico. Aquí queda, tanto en .jpg como en .pdf…

  • Éxito da proxección ‘O barco de vapor de Bill Jr.’

    amarinha.gal Nota de prensa Éxito da proxección ‘O barco de vapor de Bill Jr.’ O pasado sábado 2 de agosto tivo lugar no teleclube sede da asociación de veciños A Parrala, da Rilleira, o primeiro pase da cinta ‘O barco de vapor de Bill Jr.’. A presentación foi seguida con interese polo púbico asistente, que…

  • Concerto 70 aniversario. Coral Polifónica de Ribadeo

    Hoxe tivo lugar o concerto aniversario da Coral Polifónica de Ribadeo, que tivo a súa primeira actuación da man de Carlos Álvarez Fernández Cid hai pouco máis de 70 anos. No concerto, o un por cento da poboación de Ribadeo estaba no estrado cantando diante dunha igrexa ateigada, con moita xente de pé. Coido que…

  • Soberanía dixital: cine co dominio público cunha ‘prime’ mundial

    Hai poucos días tivo lugar o evento Soberanía dixital VI: Dominio público, tamén teu, a sexta das actuacións deste ano 2025 promovidas por amarinha.gal. Nese acto deuse a nova de que habería un pase de cine baseado nunha película no Dominio Público. Ese momento chegou: será o sábado día 2 de agosto ás 19 horas…

  • HABEMUS MUSEUM. Xosé Carlos Rodríguez Rañón

    HABEMUS MUSEUM Xosé Carlos Rodríguez Rañón Aínda que semelle incríbel, Ferrol (Ferroliño, como o chaman agarimosamente os seus habitantes) non posúe un museo de seu. É a única cidade galega con esta eiva. A partir de agora, unha asociación creada “ad hoc” (presidida por Nona Inés Vilariño, colaboradora de Adolfo Suárez durante a Transición, deputada…