-
Un folleto de hai anos. Nome de muller para rúas de Ribadeo

Aló polo 2013 tivo lugar en Ribadeo a inauguración de varias rúas con nomes de muller (entrada aquí ou aquí). Daquelas datas gardei un tríptico que agora escaneei e deixo a continuación como lembranza de que un novo 8M se achega en pleno antroido.
-
Soberanía dixital II: Mundo Wikimedia, unha comunidade de todos para todos. Foi e é

Onte, venres 21 de febreiro, tivo lugar a segunda sesión da serie ‘Soberanía dixital’ mantida por amarinha.gal. “Soberanía dixital II: Mundo Wikimedia, unha comunidade de todos para todos” tivo lugar na Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho, cunha asistencia de público que podería ser maior. Deixo en baixo o vídeo en dúas plataformas, FTV e Youtube,…
-
Unha viaxe por Ribadeo

Onte foi a inauguración da nova exposición de pirogravados de Antonio Martínez (‘Pimpelo’), neste caso, adicada a vistas diversas de Ribadeo. 46 pirogravados expostos na Vella Oficina de Turismo, realizados con medidas de encadre normalizadas dunhas vistas que nos son comúns. En xeral, non teñen cor, pero hai algún que si. Preguntado ó…
-
Masóns

Como foi anunciado, o sábado á tardiña foi presentado o libro ‘Galicia y la Masonería en el siglo XIX’. Deixo unha foto do salón antes do comezo do acto, o resume e o vídeo do mesmo (falta un pouco do final), así como a ligazón á web do libro e ós datos do autor:…
-
O galego no cemiterio. Un recorrido polos cemiterios de Ribadeo a través do galego

Onte sábado tivo lugar a presentación da exposición “Un recorrido polos cemiterios de Ribadeo a través do galego”. Emotivo, sentido, o público enchía a oficina de turismo para ollar esta exposición construída da man da Asociación Cultural Francisco Lanza. Despois da nota de prensa e dúas das fotos distribuídas pola A.C. Francisco Lanza, deixo…
-
Masóns en Ribadeo. Unha cita para este sábado

Adxunto os datos da presentación dun novo libro, non na biblioteca, senón no salón dos alcaldes. COMUNICADO DE PRENSA PRESENTACIÓN ESTE SÁBADO NO PAZO MUNICIPAL DE RIBADEO DO LIBRO DO PROFESOR ALBERTO VALÍN: “GALICIA Y LA MASONERÍA EN EL SIGLO XIX”. Este sábado 19 de setembro ás 19:00 horas no Salón dos Alcaldes do…
-
O galego exposto nos cemiterios

A Agrupación Francisco Lanza desenvolverá a exposición ‘Un percorrido polos cemiterios de Ribadeo a través do galego‘. Terá lugar na Oficina de Turismo de Ribadeo e no seu horario de apretura, dende o Sábado 19 de outubro ás 12 da mañá (acto de inauguración, con música e poesía) ate o domingo 3 de…
-
XXI Mostra de teatro Daniel Cortezón

Esta fin de semana (venres 11 a domingo 13 de outubro) , ás oito da tarde, no auditorio Hernán Naval de Ribadeo terá lugar a XXI Mostra de teatro Daniel Cortezón. O Grupo de Teatro de Ribadeo é o anfitrión desta cita, que contará tamén coa participación do grupo 57 Palabras…
-
Un Chío de festas

Un mes mais, a edición de Chío xa está dispoñible na rede. Este mes, dirixida de novo por Melina López, con verbas de Lucía Ferro ou as festas do San Froilán de fondo e foto de portada. Como outros meses, deixo a ligazón á revista, para ler en rede ou descargar, e aquí en…
-
Verbas na entrega dos Bíteres de Honra

Conforme quedei na entrada ‘Primeiros bíteres de honra‘, adxunto os textos que se escoitaron na entrega, por parte de Marta Macho, e o esquema (artellado como redacción por min) correspondente ás verbas de Manuel Rivero para o peche do acto: — Verbas de Marta Macho-Stadler: Moitas grazas, dende o fondo do meu corazón.…
