Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: coronavirus

  • Por unha maioría de idade da humanidade: dereitos e deberes

    Coronavirus e cerebro. Feita a partir de “Novel Coronavirus SARS-CoV-2” by National Institutes of Health (NIH) CC PDM 1.0 e “Brain” by farhad.Guli CC BY 4.0    Ano 1948: Despois da IIGM tíñase claro que a guerra moderna e as novas posibilidades de tortura e escravitude facían necesarias regras para tentar evitar a deshumanización forzada dunhas…

  • Marcha cívica en Ribadeo

    Hoxe, 18 de xuño, tivo lugar a marcha cívica en Ribadeo, convocada a prol dos Serviciós de atención e na que se gardou un minuto de silencio polos mortos nas residencias a mans do COVID-19. Foron lidos un comunicado de MODEPEN, a cargo da organización do acto, e o manifesto das traballadoras de residencias (TREGA)…

  • Apertura, cartos, servicio público. O comercio en Ribadeo.

       Dende xente que preparou para abrir a xente que declara que non abre ata que cheguen os asturianos, porque non compensa. Pasando polos que necesitan adecuar o negocio e tempo para facelo… múltiples casuísticas que non dependen só do tipo de negocio, senón da orientación, pero tamén da mentalidade do empresario e consideración ós…

  • Educación post primeira onda do COVID

       Din que se aprende moito por imitación. Que a educación é a clave do futuro. Que a loita contra o COVID-19 pasa tamén pola nosa propia educación. Que a educación formal nesta España nosa está de capa caída por culpa do(s) goberno(s) que priorizan en contra do ensino (e da educación, nin se sabe)……

  • Nestes tempos despois da primeira fase do coronavirus

    Nestes tempos despois da primeira fase do coronavirus parece que estamos a restablecer a que se da por chamar ‘nova normalidade’. Para comezar, se é ‘nova’ xa non se trata de ‘restablecer’, e polo momento ao menos, non será tampouco ‘normalidade’. Quizais máis adiante. Por outra banda, algo complexo, pois para comezar, non se sabe…

  • Bótalle unha ollada ó plan especial de protección das Catedrais

    Anos. Anos leva de recorrido ata hoxe o Plan especial de protección das Catedrais. Máis de media década. Aquí, no blog, hai diversas entradas, comentarios, alegacións, etc, deixados ó longo do tempo. Mañá, martes, ás 19:30, será a aprobación definitiva (coa maioría do BNG no concello, unha vez presentada a pleno, está asegurada a súa…

  • Ribadeo indiano 2020. Comunicado do concello: cancelación

    O comunicado do concello sobre a cancelación do Ribadeo Indiano: COMEZA A CONTA ATRÁS PARA A EDICIÓN DO VINDEIRO ANO Cancelado o Ribadeo Indiano 2020 27/05/2020 Cancelado o Ribadeo Indiano 2020, que se ía celebrar do 10 ao 12 de xullo. Así o decidiron esta tarde o Concello e Acisa. Os organizadores antepoñen a responsabilidade…

  • Da neve en Katmandú. Da realidade do coronavirus en Ribadeo

    De mañá sobre a ría de Ribadeo. Ribadeo. Día de sol e vento, 24 de maio.  Nunha vila como a nosa non é doado percibir o cambio que o COVID-19 induce no clima. Máis aínda cando a cantidade dalgúns contaminantes como o dióxido de carbono, a nivel mundial, segue a incrementarse como amosan as medidas…

  • Desescalada Fase 2. O BOE

    Despois de ter experimentado o confinamento total, a fase 0 e a fase 1, a fase 2 debera xa de ternos pillados previdos. Pero parece que non abondo aínda. Seguimos a preguntarnos se se poden ou non facer cousas, e como, e, despois de tantos cambios normativos, tamén pasamos un pouco -ou un moito, segundo…

  • Que día da semana morre máis xente por coronavirus? Luns

    É curioso. Pero hai pautas. E son lóxicas. Non só a nivel de España, senón internacional. Aclaro o de España porque coas reclamacións en clave de ofensiva política ás veces quedan empañadas moitas outras cousas. Despois de comezar a seguir as estatísticas ó longo da pandemia, a primeira decisión foi cinguirme a un único lugar…