Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.250 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: ciencia

  • As Feiras de Ciencia na Galiza, en Internet Archive

       Coa desaparición de Wikispaces, acubillo de wikis, desapareceu tamén ‘As feiras de ciencia na Galiza‘. Unha copia artellada pola BNE para protexer da desaparición (algunhas) webs en formato wiki en linguas faladas en España, preservou o legado, mais tamén quedou o intento de copia en feirasdeciencia.mywikis.net, aínda en reconstrución, e ata 46 veces na…

  • Que pasaría sen a inmigración? Dous alemáns turcos contra o coronavirus

       Esta semana saltou a nova de que a multinacional Pfizer ten unha vacuna contra o COVID19 eficaz ó 90 % (é dicir, no 90 % dos casos). Ese era o titular. Pero a noticia ten varias derivacións. Unha delas, que Pfizer o que fixo foi máis ou menos, subcontratar a investigación, poñer cartos parfa…

  • O concello de Ribadeo, a escala

    Collo un post de hoxe mesmo de fqribadeo e engádolle unha foto da ESA co concello de Ribadeo aproximadamente a escala para comparalo cun iceberg recén forneado na antártida: Auga para Ribadeo para 300 000 anos Auga para Ribadeo para 300 000 anos: ese é o resume do ‘último polo momento’ iceberg desprendido da Antártida:…

  • Cunchas, insectos, fósiles: unha colección mundial en Ribadeo

    David Antonio López Álvarez non é a primeira vez que aparece no blog. Dende moi pequeno ven recollendo bolboretas, e logo, outros insectos, moluscos… e fósiles. Primeiro, o que estaba ó seu alcance, en Ribadeo, comezando dende moi pequeno pola zona perto da súa casa de entón, o lugar abandoado próximo á antiga estación do…

  • Correntes mariñas vagueando

    Arredor de 1 minuto e 20 segundos despois de comezar o vídeo é cando se ve máis claro o movemento do mar na costa de Ribadeo. Neste vídeo de 11 meses condensados en 2 minutos, 2,75 días pasan en 1 s, vese claro que as correntes de superficie (representadas por liñas brancas de lonxitude proporcional…

  • O cumio de París, visto dende Ribadeo a traverso dunha factura

    Comezou xa o cumio de París sobre o clima. Sabemos que nos afecta, e, ó tempo, sabemos que alí haberá diversas manobras relacionadas con intereses rexidos polos cartos. Porque tamén sabemos que o manexo dos cartos pode paliar ben por agora os efectos do clima (para quen teña os cartos, de paso que lle dan…

  • 15 de outubro de 1915. Publicacións de Isidoro Asensio

    Hoxe, hace 100 anos, nacía en Sevilla Isidoro Asensio Amor. Ese foi o motivo para que hai uns días lle pedira a Roberto Rodríguez o que publicou e republiquei como “NO CENTENARIO DE ISIDORO ASENSIO AMOR (artigo de Roberto R. Rodríguez)“, ou para que editara e aumentara (pouco, polo momento) a entrada correspondente na Galipedia.…

  • NO CENTENARIO DE ISIDORO ASENSIO AMOR (artigo de Roberto R. Rodríguez)

    Pedín e Roberto Rodríguez pasoume este artigo publicado o sábado (20151010) na Comarca sobre Isidoro Asensio. Tomeime a liberdade de poñerlle algunha ligazón consecuente co seu uso en internet: “O próximo 15 deste mes do outono cúmprense cen anos do nacemento do insigne xeólogo Isidoro Asensio Amor. Nacido segundo as súas propias palabras, “casualmente en…

  • XXI Feiras de ciencia en Ribadeo

    Hoxe comezará un pequeno evento a cargo de pequenos que se forman para o seu futuro. Como todos os anos dende o 1995, abrirá de novo as súas portas a Feira da Ciencia de Ribadeo. Unha feira de, por e para pícaros, con pequenos estudos en ciencia, algunha demostración, recuperación de aparellos antigos, coleccións de…

  • Pasou a eclipse

    En Ribadeo pasou a eclipse ‘sen pena nin gloria’.Nin unha nin outra,porque non se viu. Os estratos de nubes sobre a vila, movidos por un zumbón vento nordés, só permitiron observar pouca luz: unha diminución lixeira ó comezo, pois o Sol aínda estaba baixo, e unha claridade máis aprezable despois, xa co Sol máis alto…