-
Domingo nas catedrais, fotos e máis
Pasou o #5000 (recén), pasaron as festas (case) e a vida continúa. Algo que pode verse nas catedrais como en outros moitos lugares menos representativos. Pode verse hoxe mesmo na web feita para iso que as catedrais necesitan permiso hoxe, domingo 11 de setembro, para ir a darse unha volta por alí. Hoxe era baixamar…
-
Tres fotos das catedrais
Son de onte, de Suso Fernández. E non, non expresan a beleza e harmonía dun monumento natural. Velaivan: Non expresan máis ben destrución e abandono? A que parece unha paisaxe desértica ou lunar? Pois non, é a zona das catedrais sobre o cantil. Unha zona de visita libre polo momento incluída nun monumento que ten…
-
ZEC As Catedrais. Unha lembranza medioambiental 2
O documento pode atoparse no DOG de 31 de marzo de 2014, “DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.”
-
Levantando as catedrais?
Hai unha semana unha nota de prensa do concello daba pé a unha nova sobre o ben que vai todo en relación ás Catedrais, o seu futuro e o seu aproveitamento: “as liñas nas que estamos traballando en todos estes meses dunha maneira discreta e silenciosa para ir avanzando no proxecto“, enfatizaba a nota. Eses…
-
Nota de prensa do Grupo ‘Por Nuestro faro’ sobre o ‘Catálogo das paisaxes’
Fronte do grupo en Facebook O pasado 12 de febreiro, tivemos coñecemiento polos xornais do inicio da fase de información pública do « Catálogo das paisaxes », trala súa aprobación polo Consello da Xunta. A « Lei do Solo », aprobada esa mesma semana establece no seu artigo 30 a categoría de « solo rústico de especial protección paisaxística », unha…
-
Forzas da natureza contrapostas
Estes días, tras o temporal, estamos afeitos. Un vídeo do temporal en Rinlo o pasado día 8 de febreiro de 2016 como o que me chegou por correo electrónico (vin noutro lugar que lle atribúe a autoría a Cecilia de Lamas) da mostras das forzas da natureza. Por suposto, non é a primeira vez que…
-
As catedrais, si ou non?
Entre o ateigamento veraniego e a tranquilade (que non vacío) outonal, quédome co segundo. Onte, a pouco máis de media marea, no aparcamento catedralicio axuntábanse preto de 100 coches. A praia non estaba baleira, non. Pero notábase algo: do impedimento e vixiancia do verán non quedaba rastro. A praia estaba desprotexida de novo. Non sei…
-
Catedrais, cupo, e…
Rematando xa o verán, o do cupo das catedrais vai moi manido. O sábado, que eu saiba e aínda que por pouco, non se acadou a cifra estipulada (non sei se entre hoteis, comercios e transporte non se pasaría, pero non na web). As paredes estaban limpas, sen as lembranzas turísticas que apareceron o ano…
-
Do traballo ao triunfalismo
Onte, luns tres de agosto, o concello despachou tres novas de prensa. Unha, co anuncio de simulacros nas praias, outra anunciando a apertura de prazo para un taller de harmonización corporal, e a terceira, de “Ribadeo, a tope“. Coido que os títulos, copiados da web do concello, xa son abondo ilustrativos da liña que seguen…
-
Coñece Ribadeo
Hai programadas actividades de coñecemento de Ribadeo. Están orientadas ó turismo, pero, por que non aproveitalas a mesma xente de Ribadeo? Unhas destas actividades foron presentadas onte, as xeorutas, unha, para coñecer a xeoloxía da zona das Catedrais, e outra, relacionada coa actividade na zona de Rinlo. As xeorutas comezarán a desenvolverse o 15 de…