-
Pequenas cousiñas, un feixe de novidades…
No verán, as actividades e a actividade acumúlase en Ribadeo. Tamén ocorre de cando en vez noutras épocas, pero por excelencia, o tempo que lle corresponde á acumulación é ista época do ano. Unha época na que non se para nin de noite nin de día, como remata de querer certificar nun comunicado a asociación…
-
Unha vista do pasado
Unha foto do Castro de Viladonga, pensando no Castro das Grobas. Onde vai toda a documentación que xeraron as catas do pasado ano? (a lembrar que afoto amplíase premendo dúas veces co rato)
-
Sobre o castro das Grobas, de novo
Hai tempo que o pulo de José Mª Rodríguez impulsou á AVV O Tesón e contribuiu a que o castro das Grobas se limpase e posteriormente se fixeran catas nel. Traballos que remataron a comezos da primavera pasada, e a dicir da xente que alí estivo traballando, e mesmo o que no seu momento puido…
-
Escavación das Grobas. Conferencia de Emilio Ramil
O Venres foi a conferencia das Xornadas de Historia Local sobre a escavación das Grobas. Como dixo cousas que non saíron antes no blog (tamén outras que si o fixeron), queda aquí un pequeno resume desestruturado dalgunha das cousas ditas: As terras do Castro están en man común, o que é unha facilidade para a…
-
Visita ó Castro de Viladonga
O sábado tivo lugar a comida social da AVV O Tesón. Este ano, á xuntanza social uniuse a visita organizada ó Castro de Viladonga, realizada pola mañá. Coido que é interesante para poder establecer unha relación co que se avance no castro das Grobas. A dicir como introdución que que a escavación en Viladonga comezou…
-
As Grobas cumpriu
O día de hoxe está cargado de novas, que quedarán para outra entrada, porque o pleno lévao unha: o soterramento onte a última hora dos restos do Castro das Grobas. O motivo é o medo á pillaxe. E está xustificado. 300 pezas, restos de cerámica, tiveron o seu achádego neste mes de catas no castro,…
-
Se a educación te parece cara, proba coa iñorancia
Collo como título unha cita atribuída a A. Einstein para deixar no blog unha pequena síntese de onte. Para min o que encheu o día foi a inauguración da XV Feira de ciencia de Ribadeo, polo que pouco máis podo dicir doutras novas. Aistitiu á inauguración o alcalde, a concelleira de cultura e o concelleiro…
-
Aldara e fotos
Onte levei unha sorpresa no teatro. Coido que non vin nunca nunha sesión teatral o Hernán Naval tan cheo. A obra, unha primavera para Aldara, que viña precedida dunha boa crítica, non defraudou, e o televisivo plantel de actrices e actores acolleu espectadores de case tódalas idades, dende 13 anos en diante. O argumento, baseado…
-
Oportunidades
Onte mesmo apuntáballe a un representante do concello da conveniencia, ó meu ver, da existencia de guías no concello que permitira dar un paseo guiado por Ribadeo (como se fai noutros cascos urbanos) e mesmo que permitiran achegarse a lugares fóra do casco, como a zona da Illa Pancha, o Cargadoiro, Santa Cruz ou as…
-
A posta en valor do Castro das Grobas
Si, xa hai que ir pensando nela. As Grobas meréceno, parece ser. As fotos que adxunto, tomadas esta mesma mañá, só recollen unha parte (queda a cata principal sen cubrir neste post), pero dan pé abondo a dicir que temos un castro que paga a pena en Ribadeo. Comentado por Emilio Ramil, o director da…